O equipo anfitrión do Ciudad de Pontevedra liderou a I Copa de España de Maratón

O río Lérez en Pontevedra, onte foi o escenario protagonista do piragüismo nacional xa que se celebrou o Open Ciudad de Pontevedra, que correspondía á primeira copa de España de maratón.

A competición consistiu nunha media maratón que se celebrou entre as 12:00 do mediodía e as 18:00 da tarde. Mentres que pola mañá tiveron lugar as carreiras das categorías cadete, case tódalas categorías junior e a canoa feminina senior, a partir das 15:00 tiveron lugar o resto das saídas senior e o kayak junior masculino.

O C1 senior feminino teria como vencedora á anfitriona do Ciudad de Pontevedra, Jenifer Casal, que venceu por case un minuto a Raquel Rodríguez do C.P. Portonovo, que obtivo a medalla de prata, mentres que o bronce sería para Lara Outón do Breoágn do Grove. No kayak indiviual másculino, a victoria seíra para o asturiano do Kayak Tudense, Emilio Llamedo; case medio minuto despois entraría en meta o seu compañeiro de clube, Diego Piña e Jesús Rodríguez León, do Fluvial O Barco. Namentres, oa vencedores no K2 masculino, foron os oventenses Miguel Fernández Castañón e Javier López, do Ribera Oviedo Kayak, seguidos de Toño Rey e Santiago Cruz do Náutico Fuerte de Pontedeume e de Brais Sánchez e Javier Conde do Piragüismo Vilaboa. A canoa individual, que contaba con ausencia de Tono Campos debido ás súas lesións, tuvo como vencedor a Manu Garrido do Kayak Tudense, 15 segundos por diante de José Manuel Sánchez, do Breogán do Grove, e a máis de 2 minutos de Javier Bernal, do Club Deportivo Actividades Deportivas Zamora. A canoa doble tuvo como absoluto gañador aos internacionales Ramón Ferro e Óscar Graña do Kayak Tudense, que superaron en más de 4 minutos aos segundos clasificados, Pedro Areal e Julián Serrano do Piragüismo Pamplona; a medalla de bronce, polo seu lado, foi para Miguel Fernández e Marcelino Cacabelos do Breogán do Grove. A victoria do kayak feminino individual foi para Amaia Osaba do Piragüismo Pamplona, que foi toda a carreira coas vencedora na categoría sub-23, Tania Álvarez Yates do Breogán do Grove e Irati Osa do Zumaia Urola Itsas-Adar. A segunda posición no kayak senior feminino foi para Celia Montero do Salamanca Canoe Kayak e para Gloria Silva do Piragüismo Illa de Arousa. O K2 femenino tocó como vencedoras a Emma Gómez e Elisa Zapata do Alberche Kayak Club, a medalla de plata foi para Patricia Coco e Cristina Franco do Club Deportivo Cisne e o bronce foi para Lucía Saiz e Isabel López do Piragüismo Cuenca.

A nivel de clubes, a victoria foi para a Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra, seguido do Club Piragüismo Pamplona e do Kayak Tudense.