O Kayak Tudense imponse na Copa Nacional de 1000 m. en Trasona

Este fin de semana e como de costume, a Copa de España de 1000 metros tivo lugar en Trasona (Asturias). Con esta primeira competición nacional de pista, iníciase o novo ciclo olímpico de Tokyo 2020. Cun total de casi 100 clubes e máis de 700 padexeiros.

As primeiras competicións foron as de embarcacións individuais, entre elas o K1 masculino, na que o tudense Roi Rodríguez, venceu ao actual campión olímpico da distancia, Marcus Walz, do Nautic Portopetro; a terceira posición, namentres, sería para o toledano do Talavera Talak, Francisco Cubelos, representante olímpico na distancia en Londres 2012. Na canoa masculina, o vencedor foi Adrián Sieiro, do Piragüismo Poio, que se impuxo por máis de 4 segundos a Brais Casas, do Kayak Tudense, quen entraría a unha distancia escasa do 3º clasificado, Diego Romero, do Breogán do Grove. No K1 feminino, a vencedora foi a bañolesa Laia Pelachs, que se impuxo por moi pouco tempo á donostiarra Begoña Lazkano, do Donostia Kayak K.E., a terceira praza a conseguiu a zamorana Laura Pedruelo, do Hotel Convento – Piragüismo Zamora. Namentres, a canoa feminina, tería un percorrido sobre 500 metros, na que a vencedora na categoría absoluta foi Patricia Coco do Piragüismo Cisne, por diante de Belén Díaz do Piragüismo Badajoz e Adriana Paniagua do RCN Palma.

A tarde do sábado foi o turno das embarcacións dobres. En primeiro lugar, o K2 masculino tivo como vencedor aos representantes españois do preolímpico a Río 16, o K2 de Gabriel Campo e Rubén Millán, do Kayak Tudense; a segunda posición e medalla de prata, sería para dous membros do K4 olímpico, Rodrigo Germade e Óscar Carrera, do Ría de Betanzos. A terceira posición sería para Roi Rodríguez e Emilio Llamedo, tamén do Tudense. O C2, tivo como vencedor a Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, do Piragüismo Poio, a segunda posición e moi cerca dos vencedores, sería para Jose Luís Bouza e Brais Casas, do Kayak Tudense; na terceira posición estarían Diego Romero e Jose Manuel Sánchez, do CMDC Breogán. No K2 feminino, a victoria sería para as rapazas do Natacio Banyoles: Laia Pelachs e Aurora Figueras, detrás delas e casi 4 segundos de diferencia, estarían Tania E. Alvárez e Natalia García do Breogán e na terceira posición estarían Tania Fernández e Lorena Jubón do Fluvial de Lugo. No C2 feminino, a victoria sería para Adriana Paniagua e Belén Arnao, a segunda posición sería para Arancha Rodríguez e Andrea Vázquez do Náutico Boiro e a terceira posición sería para Patricia Coco e Cristina Franco do Náutico Cisne.

O domingo pola mañá e cerrando a competición terían lugar as carreiras de K4 e C4. No K4 masculino a embarcación vencedora foi a do Kayak Tudense de Campo, Millán, Delgado e Rodríguez Huertas; seguido deles entraría outra embarcación do Tudense formada por Diéguez, Llamedo, Piña e Rodríguez Lechuga. A terceira posición e moi cerca das embarcacións tudenses entraría os do RGC Covadonga de Fiuza, García, Hernanz e Prieto. O C4 tería como vencedores a Sieiro, Vallejo, Maquieira e Novas do Piragüismo Poio, a segunda posición sería para a embarcación do tudense formada por Casas, Durán, Garrido e Graña e moi cerca deles estarían Figuieras, Martínez, Segura e o olímpico Sete Benavides, do RCN Palma. E finalmente, no K4 feminino sobre 500 m., tivo como vencedoras a Pérez Coya, Piña, Romero e Varela do Kayak Tudense, por diante das bañolesas Pelachs, Figueras, Durán e González, mentres que a terceira posición sería para Álvarez, Villacé e as irmás García Naveiro. No K4 masculino sobre 500 m. a victoria sería de novo para os catro do tudense: Campo, Millán, Delgado e Rodríguez Huertas, por diante de Fiuza, Hernánz, Oriyes e Prieto do Covadonga en segunda posición, e Borras, Cerezo, George e Torres do RCN Palma.

A nivel de clubes, o vencedor foi o Kayak Tudense, quen liderou a clasificación con ventaxa sobre o segundo clasificado, o CEP Aranjuez e o RCN Palma, en segunda e terceira posición, respectivamente. O Breogán do Grove sería 4º, e respecto ao resto dos clubes galegos nas 10 primeiras posicións, As Torres de Catoira serían octavos e o Piragüismo Poio sería décimo.