O Tudense e o Ría de Aldán dominan en Barra de Miño
Os campións na categoría absoluta do kayak masculino foron Brais Sánchez e Antonio Palmas do Piragüismo Vilaboa, a tan sólo un segundo entrarían en meta os irmáns Iago e Breogán Monteagudo do Club Naval de Pontevedra; cerrando o podio nesta categoría encontraríanse Emilio Llamedo Álvarez e Emilio Llamedo Iglesias do Kayak Tudense, a menos de un segundo dende os segundos.
Os lideres no C2 masculino foron Diego Romero e Noel Domínguez, do Breogán do Grove, un segundo por diante da parella do Kayak Tudense de Ramón Ferro e Óscar Graña; o bronce sería para David Costa e Rubén Dasilva, tamén do Tudense, 54 segundos despois.
As vencedoras do K2 feminino foron as lucenses Tania Fernández e Lorena Jubón, do Fluvial de Lugo, o K2 vencedor entrou 13 segundos por diantes da parella de Carla Pérez e Valeria Romero, do Kayak Tudense, e éstas, á sua vez, entraron 12 segundos por diante de Carmela Menduíña e Noelia Moledo, do Club de Mar Ría de Aldán.
A nivel de clubes, na categoría másculina foi o Kayak Tudense, por diante do Club Piragüismo Vilaboa e Club Naval de Pontevedra. Na categoría feminina, mentres tanto, os vencedores foi o Club de Mar Ría de Aldán, por diante do Fluvial de Lugo e o Kayak Tudense.