Campo, Barrios, Romero e Diaz son os campións de España de inverno
Primeiro foi o turno das categorías xuvenís, nas que en primeiro lugar sairía a canoa feminina, tendo como campiona a María Pérez do Naútico O Muíño de Ribadumia, seguida por Antía Jacome da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra e Julia Espinosa do SDCMI de Sevilla coa medalla de bronce. No kayak feminino, a campiona sería Marta Iglesias do Club de Mar Ría de Aldán, a subcampiona sería Barbara Pardo da Peña Piragüista Antella e a medalla de bronce sería para Antía Santiago do Club Piragüismo Illa de Arousa. A canoa masculina tería un podio totalmente galego, tendo como líder a David Barreiro do RCN Rodeira de Cangas, seguido de Noel Domínguez do Breogán do Grove e na terceira posición estaría o compañeiro de clube do campión: Pablo Graña. Finalmente, no kayak masculino, finalizarían as categorías xuvenís, nas que o campión foi Telmo Fernández do CSD Santiagotarrak, o subcampión sería David Darne do Club Náutico Banyoles e o bronce sería para Javier Sánchez do Club Piraguas Cangas Aventura La Llongar.
Mentres tanto, na categoría absoluta, a campiona da canoa feminino foi Mª Belén Diaz, que vencería con 8 segundos de ventaxa sobre a subcampiona, Patricia Coco, do Club Piragüismo Cisne; namentres, na terceira posición, a 7 segundos da anterior, entraría Jenifer Casal do Ciudad de Pontevedra.
No C1 masculino, a cabeza nos primeiros minutos de carreira turnose entre Diego Romero do Breogán e David Fernández Marqués do Club de Mar Avilés, tirando por un grupo de cinco canoístas. Na seguinte parte da carreira, tres palístas se puxeron en cabeza, sendo éstes Diego Romero, co seu compañeiro de clube José Manuel Sánchez, e Sergio Vallejo do Club Piragüismo Poio. Pasados os 3000 metros, o tudense Manuel Garrido sustituiría a Vallejo na terceira posición, mentres os dous breoganistas avanzarían sos en cabeza. Nos últimos 500 metros, Romero avanzou só en cabeza ata chegar á linea de meta e proclamarse campión; namentres Manu Garrido entrou tras él 7 segundos despois e nos últimos metros, Sánchez cedeu ante Nuno Barros do Náutico Pontecesures, cedéndolle a terceira posición.
No K1 feminino, un grupo de oito palistas estivo en cabeza ata os 1500 m., a partir da primeira ciaboga, un grupo de tres padexeiras formado por Eva Barrios (C.D. Durius), Begoña Lazkano (Donostia Kayak K.E.) e Laia Pelachs (C.N. Banyoles) se puxo en cabeza. Chegados á ciaboga do fin da primeira volta, a zamorana Laura Pedruelo, do Club Hotel Convento – Piragüismo Duero, incorporouse ao grupo líder. Pasada a última ciaboga a falta dos 500 m., Eva Barrios arrancou ata quedarse soa e palear ata proclamarse campiona, mentres que Pedruelo e Lazcano entraron en segunda e terceira posición a menos de un segundo de diferencia entre elas.
Finalmente, no K1 masculino, como é habitual houbo unha espectacular saída, e tras ela, Paco Cubelos (Club Piragüismo Talavera Talak) se puxo en cabeza con Óscar Carrera (C.N. Ría de Betanzos) e Íñigo Peña (Zumaiko Urola Itsas-Adar Piragüismo Kluba) na primeira ola tirando dun grupo de outros cinco kayakistas. Na primeira ciaboga, Carrera tomoulle o relevo de marca a Cubelos, e no segundo largo, Rubén MIllán (Kayak Tudense) foi quen se puxo en cabeza. Tirando xa para a segunda ciaboga, o grupo tivo un novo cambio de marca, Gabriel Campo, tamén do Tudense. Mentres tanto, pola banda esquerda, apareceu un pequeno grupo encabezado por Javier Hernanz (R.G.C. Covadonga), Iván Alonso e Emilio Llamedo, ambos do Kayak Tudense, tres dos grandes veteranos na distancia. Así foi como os dous grupos se uniron, facendo unha axustada ciaboga con tantos palistas. Pasado os 4000 metros e a falta da última volta, catro foron os K1 que se mantiñan en cabeza: Millán en cabeza, seguido de Campo Pavón, Peña Arriola e Martí Roura, do C.N. Banyoles. Este grupo de catro, mantívose ata o derradeiro largo, no que o sprint final se resolveu con Gabriel Campo na primeira posición, Rubén Millán na segunda e Albert Martí en terceira.