O K4 de Vilaboa lidera o Princesa de Asturias no seu circuito orixinal
Esta mañá disputouse o Trofeo Princesa de Asturias, que retomou o seu circuito orixinal (cando inda era Príncipe de Asturias), cun percorrido entre Portonovo e Pontevedra, facendo unha distancia de 20 km, namentres as embarcacións cadetes tiveron a súa saída en Combarro e a meta tamén na capital pontevedresa, cunha distancia de 8 km.
Con saída de terra en Portonovo e tras un porteo na praia de Silgar (Sanxenxo) os K4 que ían en cabeza foron un K4 do Tudense formado por Rubén Millán, Gabriel Campo, Roi Rodríguez e Aaron Diéguez e dous K4 de Vilaboa, un formado por Antonio Palmas, Brais Sánchez, Javier Conde e Jose Alberto Conde e outro formado por Juan Jesús Pazos, Diego Castro, Paulo Buján e David Loeda. Finalmente, na Ponte do Burgo, tras adentrarse na Ría de Pontevedra, o K4 vilaboés de Palmas, Sánchez, Conde Santos e Conde Garrido entrou solo en meta e proclamándose a embarcación campiona; detras deles chegaron á meta, tamén solos, o K4 do Tudense de Campo Pavón, Millán, Rodríguez e Diéguez. O terceiro posto tivo maior competencia, cuxo resultado tivo como vencedores ao K4 do Naval de Pontevedra formado polos irmáns Monteagudo Moraña, Paulo García Souto e Adrián García Arias, superando ao outro K4 de Vilaboa que estaba no grupo de cabeza ata o final.
No C4, os campións foron os canoístas do Breogán do Grove, entre os que se encontraban Adrián Fernández, Diego Romero, Jose Manuel Sánchez e Miguel López. En segunda posición estivo o outro C4 do Grove formado por Sami Grigore, Tono Campos, Miguel Fernández e Noel Rodríguez, entrando xusto diante do K4 feminino vencedor, formado tamén por palistas do Breogán. A medalla de bronce foi para o C4 do Club Náutico Pontecesures de Javier Bouzas, Alberto Longa, Rubén Gómez e Adrián Castiñeiras.
No K4 feminino a victoria foi, como dixen antes, para o Breogán do Grove, cun K4 formado por Nuria Villacé, Tania Álvarez, Natalia García e Nerea López; en segunda posición estaría o Club de Mar Ría de Aldán co K4 das irmás Menduiña Santomé e as irmás Moledo Rial. Finalmente, a terceira posición, sería para o K4 das Torres de Catoira formado por Rebecca Laurijssen, Fátima Ordóñez, Catuxa Fabeiro e María Da Fonseca.