A selección española acada tres medallas no Mundial Junior e U23 en Bielorrusia

minskEste fin de semana, celebrouse o Campionato do Mundo Junior e Sub23 en Minsk (Bielorrusia). No que a selección española acadou tres metais, nas cales todas tiñan padexeiros galegos. O primer metal acadado pola selección, foi para o K4 feminino sobre 500 metros, que gañaron a prata nunha carreira liderada pola embarcación alemana, este K4, contaba coa meca Natalia García e a cesureña Camila Morison, nunha embarcación na que marcaba a asturiana Sara Ouzande e coa donostiarra Begoña Lazkano padexando na ultima posición do K4.

A segunda medalla, veu da man do K1 do brigantino Carlos Arévalo, que finalizou os 200 metros, acadando un bronce tralo K1 húngaro e ruso.

A derradeira medalla foi para o K4 1000 metros do vigués Roi Rodríguez Huertas, acompañado do asturiano Javier Cabañín, do barcelonés Albert Martí e do ceutí Juan González, que finalizaron o kilómetro en terceira posición tras liderar os primeiros 750 metros, e finalmente superados polos bielorrusos e os húngaros.