O Kayak Tudense e o Vilaboa gañan o Campionato Galego de Pista
Este fin de semana disputouse o Campionato Galego de Pista no Complexo Deportivo David Cal, no Embalse de Verducido (Pontevedra). Dado a circunstancias do calendario, este ano o Campionato Galego de Pista tivo lugar unha semana despois ao Campionato de España.
Este campionato foi un evento de record, no que participaron 650 padexeiros de 35 clubes galegos entre os que se encontraron nomes propios importantantes do piragüismo galego como Carlos Arévalo, Gabriel Campo, Rubén Millán, Adrián Sieiro, Tono Campos, Ana Varela ou Nuría Villacé. Este Campionato Galego para categoría senior e xuvenil, coas distancias de 1000 e 200 metros para a categoría masculina e 500 e 200 m. para a categoría feminina tivo lugar dende as 10:00 do sábado ata as 12:35 do domingo; este foi un campionato, cuxas semifinais foron excluídas, xa que as contrareloxo, determinaban a clasificación para as dúas finais e a calle a sair na mesma.
A primeira final senior foi o K1 1000 metros, no que o vencedor foi o tomiñés Rubén Millán, 0,21 segundos por diante do seu compañeiro de clube, Gabriel Campo; e rematando, este podio foi completado por padexeiros do Kayak Tudense, xa que o 3º clasificado foi Diego Piña. Na canoa individual sobre 1000 metros, o vencedor foi o meco Tono Campos, que por detrás tería ao seu compañeiro do Breogán do Grove, Diego Romero; mentres tanto, o bronce foi para André Oliveira do Náutico Firrete. A seguinte final senior, foi o K1 feminino sobre medio kilómetro, no que a vencedora foi Ana Varela, do Kayak Tudense, seguida pola vallisoletana afincada no Breogán do Grove, Nuria Villacé e a 0,79 segundos detrás, a lucense Tania Fernández, do Fluvial de Lugo. A C1 500 feminino foi liderada pola pontevedresa Raquel Rodríguez, por diante de Cristina Noya do Piragüismo Rianxo e de Jenifer Casal, tamén do mesmo clube que a campiona, o Ciudad de Pontevedra. O C2 1000 metros, tivo como campiones a Tono Campos e Diego Romero, a 0,42 segundos por diante de Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, do Piragüismo Poio, e casi 10 segundos por diante de André Oliveira e Yeray Picallo, do Náutico Firrete. Mentres tanto, a victoria no K2 foi para os representantes internacionais da selección, Rubén Millán e Gabriel Campo, do Kayak Tudense, casi 3 segundos por diante dos seus compañeiros de clube, Diego Piña e Aaron Diéguez; e a 6 segundos diante de Brais Sánchez e Antonio Palmas, do Piragüismo Vilaboa.
A primeira final da tarde do sábado foi o C4 1000, o equipo vencedor foi para os rapaces de Poio de Adrián Sieiro, Sergio Vallejo, Jesús Montoto e David Novas, que venceron por 8 décimas ao cuarteto do Breogán do Grove formado por Tono Campos, José Manuel Sánchez, Miguel Fernández e Marcelino Cacabelos, e detrás deles, tamén do Breogán, o C4 formado por Diego Romero, Sami Grigore, Manuel García e Miguel López. A victoria do K4 1000 foi para Javier Conde, Antonio Palmas, Brais Sánchez e Jose Alberto Conde, de Vilaboa; por diante de Diego Piña, Rubén Millán, Aaron Diéguez e Adrían Macedo, do Kayak Tudense e do outro K4 de Vilaboa, composto por Diego Castro, Ricardo Ligero, Paulo e Breixo Buján. Preto das 18:00 tería lugar a final do K2 500 feminino, no que as campionas serían Nuria Villacé e Tania Álvarez do Breogán do Grove, seguidas da parella de As Torres de Catoira, Catuxa Fabeiro e Fátima Ordóñez, e de Carla Pérez e Valeria Romero do Kayak Tudense.
Mentres tanto, a primeira final nos 200 metros sería o C1 feminino, no que o podio desta categoría a inversa que nos 500 metros, ca victoria de Jenifer Casal, seguida de Cristina Noya en segunda posición e Raquel Rodríguez, en terceira. O máis rápido no K1 masculino, foi Carlos Arévalo do Ría de Betanzos, que rexistrou un tempo de 36,30 segundos; 0,87 segundos por diante do subcampión, Gabriel Campo do Kayak Tudense; e a 1,22 segundos de Diego Dacosta, do Ría de Aldán. Na canoa masculina, o campión foi Adrián Sieiro, que rexistrou 42,14 segundos, pouco máis de medio segundo do seu compañeiro de clube, Sergio Vallejo, que foi subcampión; e en terceira posición, estaría Antonio Manuel Lobato, de As Torres de Catoira. No kayak feminino, a primeira volvería a ser Ana Varela, do Kayak Tudense, que fixo un tempo de 44,32; un segundo por diante de Tania Fernández, do Fluvial de Lugo, e outro segundo por diante de Carla Pérez Coya, tamén do Kayak Tudense.
A maña do domingo, a primeira final na categoría senior foi o C2 500 feminino, no que a parella do Ciudad de Pontevedra formada por Casal e Rodríguez foron as campionas, mentres Isabel Noya e Nerea Gondar foron as subcampionas, e María García e Rebeca Vázquez, do Piragüismo Poio, foron terceiras. A seguinte final da mañá foi o K4 500 feminino, no que as rapazas do Kayak Tudense foron as mellores, co equipo de Valeria Romero, Carla Pérez, Ana Varela e Carmen Agra; o equipo do Breogán do Grove formado por Nuria Villacé, Laura García, Tania Álvarez e Nerea López foron segundas, mentres que terceiras foron Rebecca Laurijssen, Natividad Busto, Catuxa Fabeiro e Fátima Ordóñez de As Torres. No C2 200 masculino, a parella máis rápida foi a do Náutico Firrete formado por Oliveira e Picallo, segundos foron Sieiro e Novas de Poio, e terceiros foron Vallejo e Montoto, tamén de Poio. O K2 200, os máis rápidos volverían a ser Campo e Millán do Tudense, por diante de Buján e Conde do Vilaboa e de Borja Bejo e Rubén Rodríguez, do Náutico O Muiño de Ribadumia. No K2 200 feminino, as campionas serían Carla Pérez e Ana Varela, quen acadaría o seu terceiro ouro do campionato; detrás delas estiveron Fabeiro e Ordóñez de As Torres e Villacé e Álvarez do Breogán do Grove.
Tras rematar o campionato, os primeiros clasificados na categoría senior masculina foron o Club de Piragüismo Vilaboa, en primeira posición; o Breogán do Grove, en segunda e o Kayak Tudense, en terceira. Namentres, na categoría senior feminina, os primer clube foi o Kayak Tudense, diante do Ría de Aldán e do Club As Torres.