O podio do Campionato de España de Pista fórmano o Náutico Sevilla, Kayak Tudense e Breogán do Grove
O comezo do Campionato de España de Pista comezou cedo, xa que a primeira saída tivo lugar o venres ás 9:30, aínda con duas xornadas máis por diante.
A primeira final absoluta tivo lugar ás 12:40, co K1 Feminino 1000 metros, que tivo como campiona á donostiarra Begoña Lazkano do Donostia Kayak K.E., a ceutí Isa Contreras do Delfines de Ceuta, como subcampiona e a zamorana Laura Pedruelo do Piragüismo Duero – Zamora ca medalla de bronce. A canoa másculina na mesma distancia foi a seguinte en ter a súa final, tendo como campión de España ao asturiano afincado no Náutico Firrete, David Fernández Marqués; subcampión sería Sergio Vallejo do Piragüismo Poio e na terceira posición estaría Brais Casas do Kayak Tudense. Polo seu lado, o campión do kayak 1000 m. sería Javier Cabañín, do Club Piraguas Villaviciosa, por detrás del e ca medalla de prata estaría Francisco Cubelos do Club Talavera Talak e co bronce Albert Martí do Náutico Banyoles.
O venres pola tarde, foi o turno das regatas individuais de 500 m., no que no C1 feminino, a vencedora foi Patricia Coco do Piragüismo Cisne, seguido de Adriana Paniagua do Náutico Palma de Mallorca como subcampiona e a pontevedresa Jenifer Casal, en terceira posición. No kayak feminino, o podio resultou ser exactamente igual que os 1000 metros, con Lazkano co ouro, Contreras coa prata e Pedruelo co bronce. Un pouco máis diferente sería no C1, que tivo como gañador a Adrián Sieiro, o seu compañeiro de clube, Sergio Vallejo, repetiría a posición dos 1000 metros e coa medalla de bronce, estaría Hugo Alberto Pedrero do Piragüismo Aranjuez. No K1 masculino, o vencedor sería Roi Rodríguez, do Kayak Tudense, seguido por Albert Martí de Banyoles e Gabriel Campo, tamén do Kayak Tudense.
A mañá do sábado terían lugar os 1000 metros en embarcacións dobres, entre os que no K2 feminino as campionas serían as padexeiras do Breogán do Grove, Tania Alvárez e Nuria Villacé, subcampionas serían as do K2 arancetano de Carolina Massagues e Lucia Arquero e coa medalla de bronce estarían Patricia Coco e Cristina Franco do Piragüismo Cisne. No C2, os líderes serían André Oliveira e David Fernández do Náutico Firrete, seguidos de Tono Campos e Diego Romero do Breogán do Grove, e terceiros estaría a parella poiense de Adrián Sieiro e Sergio Vallejo. No K2, os campións serían os representantes españois na distancia, Gabriel Campo e Rubén Millán, do Kayak Tudense, medio segundo por diante de Emilio Llamedo e Pedro Vázquez do Club Jaire Aventura e máis de 3 segundos por diante dos seus compañeiros de clube, Victor Rodríguez e Gabriel Hernández, que acadarían a terceira posición.
Un pouco máis tarde sería o turno das embarcacións de catro na mesma distancia, en cuxo K4 feminino, as vencedoras serían Carla Pérez, Valeria Romero, Ana Varela e Carmen Agra do Kayak Tudense, seguidas de Corbera, Massagues, Arquero e Hernández do Piragüismo Aranjuez, mentres en terceira posición estarían García, Nistal, Remis e Vega do Real Grupo de Cultura Covadonga. No C4, os campións serían o cuarteto do Breogán do Grove formado por Tono Campos, Jose Manuel Sanchez, Diego Romero e Daniel López, un segundo e medio diante do C4 do Firrete formado por David Fernández, André Oliveira, Yeray Picallo e unha nova incorporación, a de David Maquieira Piñeiro; e na terceira posición estarían Brais Casas, David Costa, Ramón Ferro e Óscar Graña, do Kayak Tudense. No K4 masculino, as dúas primeiras posicións serían para os palistas do Tudense, con Alonso, Millán, Piña e Rodríguez Lechuga co ouro, e Diéguez, Hernández, Rodríguez Huertas e Rodríguez Rodríguez coa prata, mentres na terceira posición e medalla de bronce, estarían Javier Hernánz, Borja Prieto, Daniel García e Juan Oriyes do Grupo de Cultura de Covadonga.
Pola tarde se celebrarían as regatas das embarcacións dobres sobre 500 metros, entre as que ás 17:56 tería lugar a final do C2 feminino, que tería como campiona a Jenifer Casal e a Raquel Rodríguez, do Ciudad de Pontevedra, Belén Arnao e Adriana Paniagua do Náutico Palma de Mallorca como subcampionas e Patricia Coco e Cristina San Juan coa medalla de bronce. No K2 feminino, as vencedoras serían as padexeiras do Breogán do Grove, repetindo a victoria de Nuria Villacé e nesta vez acompañada por Natalia García. Detrás delas estiveron as rapazas do Náutico Pontecesures de Camila Morison e Raquel Dacosta, e, na terceira posición, estarían Laura Pedruelo e Victoria Fraile do Duero – Zamora. No C2, Bernárdez e Vallejo do Piragüismo Poio serían os campións, dous segundos por diante de Tono Campos e Diego Romero do Breogán do Grove, que tamén estiveron por diante de Brais Casas e Alfonso Domínguez do Kayak Tudense, que foron terceiros. No K2 masculino, os campións serían dous dos membros do K4 olímpico, Rodrigo Germade e Óscar Carrera, do Ría de Betanzos; por diante dos outros internacionais, Campo e Millán, do Kayak Tudense, e en terceira posición, estarían o marca do K4 olímpico, Javier Hernanz, que xunto a Juan Oriyes acadou a medalla de bronce.
O K4 e C4 500 terían o seu turno ao final da tarde do sábado, no que a primeira final absoluta sería o K4 femenino, que tería como vencedora a Tania Álvarez, Nuria Villacé, e as irmás Natalia e Laura García Naveiro, do Breogán do Grove, por diante de Pérez, Romero, Varela e Cerqueira do Kayak Tudense; mentres na terceira posición estiveron Arquero, Massagues, Corbera e Hernández do Piragüismo Aranjuez. No C4, os mellores serían os segundos nos 1000 metros, o C4 do Firrete formado por Oliveira, Férnandez, Picallo e Maquieira, seguidos de Fraga, Mosquera, Edreira e Vales do Ría de Betanzos en segunda posición, e Campos, Sánchez, Domínguez e López do Breogán do Grove no terceiro escalón. No K4, os máis rápidos serían Bargoanu, Gómez, González e Soler dos Delfines de Ceuta. Seguintes a eles estarían os do Kayak Tudense de Alonso, Piña, Campo Pavón e Rodriguez Huertas e, en terceira posición e coa medalla de bronce, estarían Rodrigo Germade, Óscar Carrera, Javier Benito e David Vilariño do Ría de Betanzos.
Hoxe domingo, sería o turno da distancia corta para tódalas embarcacións. No C1 feminino, a máis rápida sería Adriana Paniagua de Palma de Mallorca, seguida de Patricia Coco do Piragüismo Cisne e Ana Isabel Ríos do Blanca Club de Piragüismo; no K1 feminino, a mellor sería a internacional Sara Ouzande do S.D. Gauzón – Cabo Peñes, seguida de Isa Contreras de Ceuta como subcampiona e de Natalia García de O Grove en terceira posición. O vencedor no C1 serían Adrián Sieiro, seguido de Hugo Alberto Pedrero de Aranjuez e Gonzalo Martín, do Náutico Sevilla. No K1, o máis rápido foi Carlos Arévalo, do Ría de Betanzos, que gañaría de forma axustada contra Carlos Garrote do Club Deportivo Durius e de Íñigo Noval, do Langreo, por máis dun segundo de diferencia.
Nas embarcacións dobres, o podio do C2 feminino formouse polas mesmas padexeiras que nos 500 metros, con Casal e Rodríguez en primeira posición, Paniagua e Arnao en segunda e Coco e San Juan, en terceira. No K2, as campionas foron as irmás García Naveiro do Breogán do Grove, seguidas por unha decima de Laura Pedruelo e Victoria Fraile de Zamora e Raquel Bota e Alicia Heredia, detrás delas, en terceira posición. No C2, o gañadores serían Adrián Sieiro e David Novas, por diante de David Maquieira e Yerai Picallo do Náutico Firrete, segundos e de Pablo García e Gonzalo Martín, en terceira posición. O K2 líder sería o de Garrote e Vicente do C.D. Durius, por diante dos subcampións, os lucenses Miguel Martínez e Isaac Toro, que tamén deu un descanso da preparación olímpica para asistir a este campionato, e en terceira posición, os irmáns Abad Sánchez, do Fluvial de Villaralbo.
As embarcacións de catro padexeiros serían as derradeiras, no K4 feminino as mellores serían Araujo, Pérez, Romero e Varela do Kayak Tudense, por diante de Benavides, Bota, Heredia e Monleón do Náutico Palma de Mallorca como subcampionas e Hernández, Arquero, Corbera e Massagues, de Aranjuez, en terceira posición. No C4, o cuarteto do 500 metros repetía victoria, proclamándose campións estarían Maquieira, Picallo, Fernández e Oliveira, en segunda posición e subcampións estarían Sieiro, Vallejo, Montoto e Novas do Piragüismo Poio, e na terceira posición estarían Bueno, Lobillo, Martínez e Pedrero do Piragüismo Aranjuez. Finalmente, na categoría máis rápida de todas, o K4 de Ceuta repetiría victoria rexistrando un tempo de 30’060 segundos, seguidos de Borras, Capdevilla, Escandell e Zardoya de Palma de Mallorca e Isaac Toro, Miguel Martínez, Alejandro Cuadros e Carlos Álvarez do Fluvial de Lugo.
Nos resultados por clubes, os vencedores na clasificación senior masculina foi para o Kayak Tudense, mentres que na clasificación feminina senior, os campións sería o Breogán do Grove. Aínda así, os bos resultados da categoría junior do Club Náutico Sevilla, déronlle a victoria da clasificación global, tendo ao Kayak Tudense en segunda posición e ao Breogán do Grove, en terceira.