A selección española proclámase campiona de Europa de Maratón
Esta semana celebrouse o Campionato de Europa de Piragüismo en Maratón nas augas do río Lérez en Pontevedra. Mentres que o martes e o mércores era o turno das categorías de veteranos, o xoves e o venres era o turno das categorías junior e sub23; e finalmente, onte sábado e hoxe domíngo, disputáronse as carreiras da categoría senior.
A primeira carreira do campionato foi o C1 feminino, con saída ás 11:00, na que o liderazgo foi para a canoísta alemana Cathrin Duerr, seguida da francesa Pauline Martin e mentres o bronce foi para a palista local, a pontevedresa Raquel Rodríguez, que contaba cunha gran aficción. A seguinte saída da xornada sería para o K1 feminino, na que as dúas padexeiras húngaras, foron liderando a carreira na maior parte do tempo, ata que nos últimos quilómetros, a kayakista 16 veces campiona do mundo, Renáta Csay impúxose e entrou sola en meta e revalidándo o seu título de campiona de Europa. A súa compañeira de selección, Vanda Kiszli entrou en meta 39 segundos despois; e finalmente, en terceira posición e completando o podio, entrou a checa Anna Koziskova, superando en máis dun minuto á súa persecutora; namentres, a participación española nesta categoría, estivo en mans de da zamorana Eva Barrios e da bañolense Aurora Figueras, que remataron en séptima e octava posición respectivamente, con 15 segundos de diferencia.
Tan sólo 5 minutos despois da salida do K1 feminino, sería o turno do C1 masculino, na que os nosos ollos estaban fijos no meco Tono Campos e no brigantino David Mosquera. A cabeza nesta regata foi disputana entre Campos e o húngaro Márton Kövér, a batalla polo liderazgo foi moi intenso, cuns porteos nos que a velocidade de Campos correndo nos sorprendeu a todos; ata que finalmente, esta loita se dispuxo ata a meta, na que Tono Campos venceu a Kövér nun apaixoante sprint final. Polo seu lado o podio o completaría o portugués Nuno Barros; mentres tanto, Mosquera finalizou en 7ª posición Ás 15:45 disputaríase a última carreira do día, o K1 Senior, no que estaríamos moi atentos ao papel do tudense Iván Alonso e do zamorano Emilio Merchán. Despois dunha saída emocionante, o grupo de cabeza estaba formado por Emilio Merchán, o portugués José Ramalho, o húngaro Adrián Boros e o frances Stephane Boulanger. Unha difícil posición de saída de Iván Alonso impediulle colgarse no grupo de cabeza dende o primeiro momento, polo que en toda a carreira, foi liderando o segundo grupo. Finalizando a carreira, o kayakista francés quedouse atrás e as posicións de podio disputáronse nun sprint final que tivo como vencedor ao portugúes Ramalho, seguido de Merchán e do húngaro Boros. Entrando en meta, Alonso conseguiu encabezar ao seu grupo e ao francés que estivo en cabeza o resto da regata, finalizando asi en 4ª posición.
Hoxe domingo, sería o turno das embarcacións dobres senior. A primeira saída, ás 13:00, foi para o K2 feminino, no que tras rematar a primeira volta, a primeira posición era indiscutible para a embarcación húngara de Renáta Csay e Alexandra Bara, campionas do mundo o ano pasado. O K2 español de Nuria Villacé e Estefanía Fernández era unha das embarcacións que liderou o grupo persecutor durante a primeira volta, ata que unha perda de tempo vaciando a auga no primeiro porteo fixoas retroceder posicións. Despois da chegada en meta do K2 húngaro de Csay e Bara, as seguintes duas posicións decidíronse nos ultimos metros, obtendo a segunda posición, as checas Anna Koziskova e Lenka Hrochova conseguiron a medalla de prata e as británicas Lizzie Broughton e Fay Lamph, obtiveron a terceira posición. O K2 español de Villacé e Fernández finalizaron en quinta posición e o K2 das arancetanas Lucía Arquero e Carolina Massagues foron séptimas.
Do mesmo xeito que o día anterior, os canoístas tiveron a súa saída pouco despois das kayakistas, así que ás 13:05, tivo lugar a saída do C2, no que rápidamente se puxeron en cabeza o C2 de Tono Campos e o coruñés José Manuel Sánchez, o outro C2 español do arousán Ramón Ferro e o pontevedrés Óscar Graña, mentres ás dúas parellas galegas os acompañaron o C2 húngaro de Márton Kövér e Adán Dóczé. Os tres C2 lideraron claramente a carreira, non obstante, os húngaros quedaron atrás e o primeiro posto quedou en mans dos C2s galegos. A carreira decidiuse nos últimos metros, no que o grovense Tono Campos, repetía a victoria do día anterior, acompañado desta vez, do seu compañeiro Jose Manuel Sánchez, por diante de Ferro e Graña, e cerrando o podio estarían os húngaros que mantiveron a terceira posición no resto da carreira. A última carreira do campionato, que decidiría o resultado do mesmo, sería o K2 masculino, cuxa saída tería lugar ás 15:20, a saída tivo lugar e a partir da primeira ciaboga formouse un grupo de sete embarcacións, entre a que se encontraban o K2 dos tudenses Iván Alonso e Diego Piña e o K2 dos asturianos Miguel Llorens e Luís Pérez. Non obstante, este número se iría reducindo antes da metade da carreira, xa que o liderazgo estaría entre as dúas embarcacións españolas danesas de Brandt Petersen e Due Gadegaard Mørcke. Rematando, nos últimos kilómetros, a disputa estaba entre as dúas parellas españolas, que se decidiron despois do último porteo, xa que Alonso e Piña adiantáronse uns metros, entraron en meta e convertíronse en campións de Europa, mentres que o K2 de Llorens e Pérez proclamáronse subcampións e pechando o podio estarían os daneses.
Estas dúas últimas parellas, nas que as dúas primeiras posicións serían españolas, ás que se lle sumarían as medallas do sábado, fixeron que a selección española tivese tres ouros, tres pratas e un bronce, liderando así o medalleiro final, un liderazgo para o que sólo foron necesarios os palistas galegos.