Finaliza o derradeiro selectivo para o Preolímpico
O xoves 7, disputáronse as semifinais de K1-1000 metros que clasificarían a unha final cunha gran participación galega, xa que entre eles estarían Roi Rodríguez, Rodrigo Germade, Óscar Carrera, Rubén Millán e Gabriel Campo, acompañados dos asturianos Javier Cabañín e Javier Hernanz, do palentino Diego Cosgaya e do mallorquino Marcus Cooper, quen sería o que vencería o venres 8, adxudicándose unha praza para o Preolímpico de Duisburg. O mesmo xoves, tamén terían lugar as semifinais do K1 500 feminino, que o venres reunirían as galegas Teresa Portela, Ana Varela, Camila Morison e Natalia García, a donostiarra Begoña Lazcano, a ceutí Isabel Contreras, a asturiana Sara Ouzande, a mallorquina Alicia Heredia e a zamorana Laura Pedruelo; a victoria desta final foi para Portela, quen poderá decidir se participa nas dúas prazas en Río (200 e 500), pero inda así, a segunda en entrar en meta, Begoña Lazcano, poderá optar a praza dos 500 no Preolímpico de Duisburg. Asemade, despois das regatas dos K1 1000 masculina, o cangués Rodrigo Germade, o tomiñés Óscar Carrera, o asturiano Javier Hernanz e o guipuzcoano Íñigo Peña demostraron as boas condicións nas que se encontran e reafirman así a súa participación no K4, ca praza que acadaron aos Xogos Olímpicos o último verán.
O venres 8 tamén se disputou a final de C1 1000 metros, no que o vilagarciano afincado no Breogán do Grove, Diego Romero, revalidou o seu liderazgo despois de que aplazaran a condición de selectivo á Copa 1000, que él mismo tamén gañou. Deste xeito, Romero toma a testemuña que David Cal deixou nesta distancia cando se retirou da elite.
Hoxe mesmo, sería o turno do K2 1000 masculino e do K2 500 feminino. Cunha final directa, a praza no K2 1000 sería para Gabriel Campo Pavón e Rubén Millán, quenes intentarán conseguir en Duisburg a clasificación olímpica que se lles escapou das mans o Mundial do ano pasado. A victoria no K2 feminino sería para Isabel Contreras e Sara Ouzande, que ao igual que a parella anterior, tamén buscarán a súa praza no Preolímpico.
Finalmente, os gañadores deste selectivo acompañarán a Duisburgo en busca da praza olímpica a Saúl Craviotto, Isaac Toro, Sete Benavides, André Oliveira e David Fernández, xa clasificados en anteriores selectivos. Parabéns e moita sorte en Duisburg!