Cinco palistas españois clasifícanse aos Xogos de Río no Preolímpico

A xornada de hoxe disputáronse as finais dos preolípicos que darían praza para Río. A partir de onte, as sensacións da selección foron boas xa que tódolos palistas clasíficaronse para as finais.

Os primeiros en alegrarnos as caras foron o catalán Saúl Craviotto e o galego Isaac Toro, que se impuxeron na final do K2-200 m. conseguindo así a única praza en xogo para esta categoría. Pouco despois, foi o turno do K1-1000 de Marcus Walz, cuxo resultado tivemos unha lamentación a priori, xa que finalizou en terceira posición e quedouse fora da clasificación; non obstante, tras unha reasignación de prazas que houbo horas despois da súa carreira, Walz obtivo esa preciada praza. Lamentación que tivemos que facer varias carreiras despois, xa que o K2-1000 dos galegos Gabriel Campo e Rubén Millán, foron terceiros, quedándose así ás portas da clasificación olímpica; inda así hai que darlle moitos ánimos que son xóvenes e aínda teñen moitos anos por diante.

Ao final do preolímpico recibimos moitas alegrías, xa que Saúl Craviotto se impoñía aos seus rivais con 34.615 e conseguía así a dobre clasificación (en K1 e en K2) e na final posterior, o mallorquino Sete Benavides conseguiu a súa victoria con creces conseguindo case un segundo de diferencia dos seus contrincantes, conseguindo un tempo 39.245. Namentres, o paralímpico Javier Reja, clasificándose onte para a final e acabando a carreira hoxe, clasificouse para as Paralimpiadas de Río.

Deste xeito, a selección española suma ao K1 200 feminino e o K4 1000 masculino, a tódalas categorías olímpicas de 200 metros que faltaban (K1, K2 e C1 masculino), ademáis do K1 1000 masculino. Teresa Portela, Saúl Craviotto, Isaac Toro, Sete Benavides, Marcus Cooper, Javier Hernanz, Rodrigo Germade, Óscar Carrera, Íñigo Peña e Javier Reja son os nomes aos que estaremos atentos este verán.