A selección consigue catro medallas na Copa do Mundo en Duisburg

Xusto despois do preolímpico europeo, a pista de Duisburg acolleu a Copa do Mundo, cando moitos dos seus participantes europeos, aínda estaban collendo alento do recente control clasificatorio.

A primeira presea conseguida pola selección española foi para o llerdense Saúl Craviotto e o viveirense Isaac Toro, quenes inda eufóricos pola súa recente clasificación olímpica, volvéronse impoñer nunha final na que fixeron 31.076 segundos, fronte aos seus mellores rivais, os húngaros Tótka e Molnár, que rexistraron un tempo de 31.504. A siguiente medalla veu da man da outra parella de 200, no C2 remaron os mallorquinos Antoni Segura e Sete Benavides, quen recentemente conseguira a clasificación olímpica; a parella tamén se impuxo ao igual que o fixeron Craviotto e Toro, acadando un tempo de 36.713 segundos, liderando a carreira por diante dos bielorrusos e os brasileiros.

Con respecto a outras embarcacións que competiron a súa final o sábado, estivo o K2 de Gabriel Campo e Rubén Millán, quenes exhaustos tras intentar obter a clasificación olímpica, finalizaron en séptima posición na final A. Na mesma xornada, tamén estiveron Javier Cabañín e Marcus Cooper, quenes defenderon o K1 1000, aínda que non conseguiron clasificarse para a primeira final, lideraron a final B, finalizando en 1ª e 2ª posición, respectivamente. Á final B tamén se clasificou o K2 500 de Sara Ouzande e Isa Contreras, que finalizaron en sexta posición despois de participar no selectivo uns días antes. Nunha final, neste caso na C, tamén remou Teresa Portela, que según ela, non se lembraba ter competido terceira final, na que foi terceira; pero según pensa ela e pensamos todos, o realmente importante este ano, son os Xogos Olímpicos.

O domingo, a primeira final española disputada por algún palista da selección, foi o C2 de André Oliveira e David Fernández, que se encontraban na mesma situación que Gabriel Campo, Rubén Millán, Marcus Cooper e os outros palistas que inda non tomaran alento tras desputar o preolímpico, o C2 1000 clasificouse á final B obtendo a quinta posición. De seguido, o K4 da selección olímpica formado por Hernanz, Germade, Carrera e Peña non acadaron por clasificarse para a final A, non obstante, lideraron o kilómetro da final B por case 2 segundos de vantaxe. Isabel Contreras e Begoña Lazkano, participaron no K1 500, no que se clasificaron as dúas para a final C, obtendo a cuarta e quinta posición, respectivamente. Namentres, O K1 200 de Craviotto, foi da man do palista zamorano Carlos Garrote, quen se clasificou para a primeira final e acadou a sexta posición. Na seguinte carreira, Sete Benavides repetía medalla demostrando o seu bo estado de forma conseguindo unha prata nesta ocasión.

E pechando a xornada cos 5000 metros, os palistas en defender esta distancia serían os membros de K2 1000, no que Gabriel Campo acariciaría o metal ata os últimos metros, no que finalizou a tan solo dúas decimas nestes cinco kilómetros de carreira, polo seu lado, Rubén Millán finalizaría en 11ª posición. A ultima medalla da Copa foi para o vilagarciano Diego Romero, quen gañou a medalla de bronce por detrás do moldavo Tarnovschi e do alemán Versch.