Unha Copa de España pasada por auga
Este fin de semana celebrouse a Copa de España sobre 200 e 500 metros na pista ‘David Cal‘ no Pontillón do Castro; unha competición, que inda que celebrada a finais de maio, a choiva non estivo ausente, xa que caeu en abundancia. Esta Copa ademáis facía o papel de selectivo para o Campionato de Europa Senior que se celebrará en Moscú e para o Campionato de Europa e do Mundo Sub23 e Junior.
A xornada de regatas, distribuídas nas embarcacións individuais o sábado, e as dobres o domingo, comezou ca primeira saída as 8:30 do sábado, e tras pasar polas eliminatorias e as semifinais, as finais de medalla comezarían as 11:50, no K1 Senior masculino, no que a victoria sería para o palista maliayo Juan Oriyés, do RGC Covadonga, a medalla de prata acadouna o ceutí José Luis Gómez, do Club Delfines de Ceuta, mentres a terceira posición foi para o poleso Íñigo Noval do Club Natación Langreo. Na canoa, a victoria foi para o olímpico Sete Benavides, do RCN Port de Pollença, a prata acadouna o poiense Adrián Sieiro, do Club Piragüismo Poio e o bronce, foi ás mans de Alberto Pedrero do CE Piragüismo Aranjuez. Namentres, a máis rápida no kayak feminino foi Sara Ouzande, do SD Gauzón – Cabo Peñes, detrás dela estivo a meca Natalia García, do Breogán do Grove e na terceira posición estivo a zamorana Laura Pedruelo do Piragüismo Duero Zamora.
Nos 500 metros en embarcación individual, celebrados a tarde do sábado, o mellor no kayak masculino foi o riosellano Pelayo Roza, do SCD Ribadesella, por diante dos palistas do Kayak Tudense, Roi Rodríguez e Gabriel Campo, prata e bronce respectivamente. Na canoa o vencedor foi Adrián Sieiro, por diante do seu compañeiro de clube, Sergio Vallejo, e polo seu lado, o bronce foi ocupado por Brais Casas do Kayak Tudense. No kayak feminino a victoria foi para Laura Pedruelo do Duero – Zamora, a segunda posición foi para a cesureña Camila Morison do Náutico Pontecesures e o terceiro escalón foi para a ceutí Isa Contreras.
A xornada do domingo comezou coas embarcacións dobres nos 200 metros, tamén ca primeira contrareloxo as 8:30, chegados á final pasadas as 10:35, a victoria no K2 200 foi para o olímpico Isaac Toro e o seu compañeiro do Fluvial de Lugo, Miguel Martínez, que se impuxeron por 0.77 s. aos irmáns zamoranos Daniel e Marcos Abad, do Club Zamoragua, mentres tanto, a terceira posición quedaría en mans de dous K2, xa que acadando o mesmo tempo de 33.812, habería un empate, por un lado estaría Carlos Arévalo e David Vilariño, do Ría de Betanzos, e por Ioan Agustín Bargaoanu e Jesús Soler, dos Delfines de Ceuta. Sobre a canoa, os máis rápidos foron Adrian Sieiro e Sergio Vallejo, de Poio, seguidos polos sevillanos Pablo García e Gonzalo Martín, do Club Náutico Sevilla, e na terceira posición estiveron o catoirense Antonio Lobato e o rianxeiro Luis Figueira, do Club Romaría Vikinga de Catoira. No K2 feminino a victoria sería para as zamoranas Laura Pedruelo e Victoria Fraile, seguidas de Ana Varela e Carla Pérez do Kayak Tudense ca medalla de prata, mentres a medalla de bronce quedaría en mans do Breogán do Grove, cas súas palistas Natalia García e Nuria Villacé.
Os 500 metros, ca primeira contrareloxo programada para as 11:20, remataría as finales de 500, cunha final de K2 masculino na que vencerían Gabriel Campo e Rubén Millán, quenes recentemente estiveron loitando polo selectivo en Alemania, a segunda posición sería para os ceutís José Luis Gómez e Juan González e a terceira sería para Roi Rodríguez e Victor Rodríguez do Kayak Tudense. No C2 a victoria volvería a ser para Sergio Vallejo e Adrián Sieiro, quen obtendría tres ouros e un bronce nesta Copa de España, seguidos por Tono Campos e José Manuel Sánchez do Breogán do Grove na segunda posición, e polos compañeiros de clube dos primeiros, Daniel Durán e Jesús Montoto do Piragüismo Poio. No K2 feminino, a victoria volvería a ser para Victoria Fraile e Laura Pedruelo, quen finalizou cunha excelente competición no que acadou 3 ouros e 1 bronce; mentres que a segunda posición sería para as mallorquinas Alicia Heredia e Raquel Bota, do RCN Palma de Mallorca, e o bronce sería para Ana Varela e Valeria Romero, do Kayak Tudense.
Finalmente, a victoria desta Copa de España sería para o Club Náutico de Sevilla, que compartiría podio co Club Kayak Tudense en segunda posición e co Real Club Náutico Palma de Mallorca en terceira; aos pes do podio finalizarían dous clubes galegos, por un lado o Breogán do Grove en cuarta posición e por outro estaría o Club de Piragüismo Poio, en quinta posición.