Tono Campos e Iván Alonso consiguen unha dobre clasificación ao Europeo no Campionato de España de Maratón 2016
Este fin de semana tivo lugar o Campionato de España de Maratón en Banyoles, sendo tamén o selectivo clasificatorio para o Campionato de Europa que se celebrará no río Lérez (Pontevedra).
A xornada do sábado disputáronse tódalas categorías individuais. No K1 Senior, disputouse unha batalla entre os dous antiguos compañeiros de K2 na selección española, que finalmente se resolveu ca victoria do zamorano Emilio Merchán con 5 segundos de diferencia do tudense Iván Alonso, clasificándose así os dous ao europeo. Tras eles entrou en meta o compañeiro de clube de Merchán, Alejandro Sánchez Cobos, do C.D.A.D. de Zamora, que entrou en meta 7 segundos despois que Alonso. Namentres no K1 Senior feminino, a victoria foi para Eva Barrios, do Club Deportivo Durius Tecozam – Viajes Sanabria, quen se impuxo por 3 segundos ante Aurora Figueiras, do Club de Natació Banyoles. A terceira posición foi para Nuria VIllacé do Breogán do Grove. Polo seu lado, no C1 Senior Masculino, a victoria foi para o actual subcampión do mundo, Tono Campos, do Breogán do Grove, que se impuxo por máis de medio minuto ao brigantino David Manuel Mosquera, clasificándose así os dous para o Mundial. A terceira posición estivo en mans de Diego Suárez, do S.C.D. Ribadesella.
Polo lado das embarcacións individuais Sub-23, a victoria do kayak masculino foi para Miguel Llorens do Ribadesella, sendo subcampión Alberto Salgado, do Club Piraguas Cangas Aventura, e terceiro sería José Ramón Estévez do Náutico Pontecesures. No kayak feminino a medalla de ouro sería para Carolina Massagues, do Piragüismo Aranjuez, seguido da súa compañeira de clube Lucia Arquero coa medalla de prata; mentres o bronce sería para Tania Alvárez do Breogán do Grove. A carreira na canoa Sub-23 tería como vencedor a Damián González do Piragüismo Verducido, quen tras él entraría en meta Manuel Cons, tamén de Verducido; a terceira posición sería para o arancetano Ignacio Calvo.
Hoxe domingo, sería o turno das embarcacións individuais. No K2 Senior, Iván Alonso e o seu novo compañeiro de embarcación, Diego Piña, proclamáronse campións de España cun tempo de 1:57:43, 38 segundos antes dos subcampións, Luis Amado Pérez e Miguel Llorens do SCD Ribadesella. A terceira posición foi para os piragüistas de Aranjuez, Adrián Martín e David Rodríguez. Namentres o prometedor K2 zamorano de Emilio Merchán e Alejandro Sánchez Cobos, quedou retrasado ata a cuarta posición, debido á rotura da pala de Sánchez Cobos. Polo seu lado, o K2 feminino vencedor foi para o ouro e prata Sub23, Lucia Arquero e Carolina Massagues, do Piragüismo Aranjuez, o subcampionato sería para Ainhoa Hidalgo e Amaia Osaba do Piragüismo Pamplona e por último, a terceira posición foi para Amaia Benavente e Eukene Sáez do Donostia Kayak K.E. No C2, as dúas embarcacións clasificadas serían as dúas medallistas o mundial pasado, con Tono Campos e José Manuel Sánchez do Breogán do Grove en primeira posición, e Ramón Ferro e Óscar Graña do Kayak Tudense en segunda. Finalmente a terceira posición sería para Adrián Fernández e Miguel Fernández do Brogán do Grove.
A nivel de clubes, o campión de España de maratón foi o Club Escuela de Piragüismo Aranjuez, o subcampión foi o Club de Piragúismo Pamplona e a terceira posición foi para o equipo local, o Club Natació Banyoles. A mellor posición a nivel galega foi o Breogán do Grove en octava posición.