As parellas de Saúl Craviotto e Isaac Toro e a de André Oliveira e David Fernández, clasifícanse para o preolímpico
Onte comezou o selectivo do K2 200 en Trasona, que a diferenza do K1, remataría ese mesmo día. A victoria do mesmo, e por tanto clasificatoria para o Preolímpico e o Campeonato de Europa, foi para o doble medallista olímpico Saúl Craviotto (Pekin 08/Londres 12) e para o seu reciente compañeiro de K2, Isaac Toro. Asemade, o vencedor das tiradas no K1 200, que se disputaron hoxe mesmo, volveu a ser o propio Craviotto, que por tanto ten así, o seu pase para o Preolímpico tamén no K1.
Namentres, esta mañá, na pista ‘David Cal’ no Pontillón do Castro, o C2 de André Oliveira e David Fernández Marqués, do Náutico Firrete, se impuxeron na súa carreira sobre 1000 metros, e así mesmo, clasificáronse para o Preolímpico e o Europeo.