Copa de España 1000 m. en Trasona
Este fin de semana celebrouse no Embalse de Trasona (Corbera de Asturias) a Copa de España sobre 1000 metros, xunto cos 500 metros para as categorías K4 e C2 feminino, e os 200 metros para o kayak paralímpico.
Mentres as clasificacións das categorías de embarcación individual se realizaron nas primeiras horas da mañá do sábado, sería a partir das 12:00 cando comezarían a disputarse as finais das respectivas categorías. En primeiro lugar, no K1 Senior, a victoria sería parena o maiorquí Marcus Cooper Walz, que superaría a Paco Cubelos con 2.710 segundos de diferencia, e éste, á súa vez deixaría ao palentino Diego Cosgaya, á terceira posición con 3 segundos e medio de diferencia. Deixando así a Roi Rodríguez Huertas, do Kayak Tudense, ás portas do podio por medio segundo, na final tamén se encontrarían tres dos membros do K4 clasificado para Rio 16, a excepción de Rodrigo Germade, que gañou a final B. Polo lado da canoa, o máis rápido sería o breoganista Diego Romero que vencería por máis dun segundo a David Fernández Marqués, do Náutico Firrete; e finalmente, a medalla de bronce, quedaría en mans de Adrián Sieiro do Club de Piragüismo de Poio. Mentres tanto, no kayak feminino a victoria sería para a ceutí Isabel Contreras, que compariría o podio coa donostiarra Begoña Lazkano e a zamorana Laura Pedruelo; nesta final A, a única galega sería a compostelá Ana Varela, do Kayak Tudense, que se quedaría ás portas do podio por dous segundos.
Pola tarde, realizaríanse as clasificacións e semifinais das embarcacións dobles, mentres que as respectivas finais comezarían despois das 18:30. No K2 os vencedores serían dous dos membros do K4 olímpico: o cangués Rodrigo Germade e o tudense Óscar Carrera actualmente adscritos ó Club Náutico Ría de Betanzos, quenes superaron cunha pequena diferencia ao k2 mundialista do 2015, de Rubén Millán e Gabriel Campo, do Kayak Tudense; namentres, a terceira posición sobre os 1000 metros sería para os tudenses Diego Piña e Iván Alonso. No C2, a victoria conseguiríana Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, do Club de Piraguismo Poio; tan só unha décima despois entraría en meta o C2 do Firrete formado por André Oliveira e David Fernández, quenes lle sacaron 2 segundos a Diego Romero e Tono Campos do Náutico do Grove. No K2 femenino, as senior de primeiro ano, Camila Morison a Raquel Dacosta do Náutico Pontecesures, vencerían coa ventaxa de 3.840 segundos ante as donostiarras Begoña Lazkano e Amaia Benavente; a terceira posición sería para Nuria Villacé e Natalia Garcia do Breogán do Grove. As outras finalistas galegas da carreira, serían Ana Varela e Carla Pérez Coya, do Kayak Tudense, que finalizarían en cuarta posición. Polo seu lado, no C2 feminino 500 metros, a victoria sería para Raquel Rodríguez e Jennifer Casal do Ría de Pontevedra, seguidas de Belén Arnao e Adriana Paniagua do RCN Palma e de Patricia Coco e Cristina San Juan do Club Deportivo Cisne.
Finalmente, nas embarcacións de catro palistas, o K4 do Kayak Tudense formado por Gabriel Campo, Rubén Millán, Victor Rodríguez e Roi Rodríguez serían os vencedores dos 1000 metros, seguidos polo K4 do SCD Ribadesella e do Club de Natacio Banyoles; no C4 os mellores foron tamén os do Kayak Tudense, cunha embarcación formada por David Costa, Brais Casas, Ramón Ferro e Óscar Graña, a segunda posición sería o C4 breoganista de Tono Campos, Diego Romero, José Manuel Sánchez e Adrián Fernández, e o podio completaríase con Alex Bernárdez, Sergio Vallejo, Jacobo Lores e David Novas do Piragüismo Poio. Na categoría feminina, neste caso sobre 500, as breoganistas serían as campionas, cun K4 formado por Tania Alvárez, Nuria Villacé e Natalia e Laura García Naveiro, as rapazas do Tudense finalizarían en segunda posición, co K4 formado por Ana Varela, Valeria Romero, Sakalyte Anele e Carla Pérez Coya, e, polo seu lado, a medalla de bronce obstentaríaa Lucia Arquero, María Corbera, María Hernández e Carolina Massagues do Club de Piragüismo Aranjuez.
A nivel de clubes, a victoria sería para o Kayak Tudense, tendo como contrincantes máis fortes ao Club Náutico Sevilla e o Breogán do Grove.