As embarcacións do Breogán, o Tudense e o Pontecesures son as gañadoras do CGI en embarcacións de equipo

Esta mañá celebrouse o Campionato Galego de Inverno en embarcacións dobres, cos mesmos 5000 metros que foi o campeonato de inverno individual.

cgie16As 10:15 tivo lugar a saída do C2 Senior masculino, cuxa victoria sería para a parella do Breogán do Grove, composta polo campión e subcampión de inverno do 2016: Diego Romero e Tono Campos; os subcampións serían Sergio Vallejo e Adrián Sieiro, do Club de Piragüismo de Poio, namentres que Manu Garrido e Brais Casás , do Kayak Tudense, foron os terceiros clasificados.

Polo seu lado, o K2 Senior feminino, tería o seu pistoletazo de saída as 12 en punto. Nestos 5000 metros, antes da metade da carreira, as cesureñas Camila Morison e Raquel da Costa poñéronse en cabeza cunha distancia considerable, distancia que as súas rivais non puideron recuperar. As súas contrincantes máis próximas foron Natalia García e Nuria Villacé do Breogán do Grove, que foron subcampionas, e Carla Pérez e Valeria Romero do Kayak Tudense, que foron terceiras.

Finalmente, as 13:45, tería lugar a última saída do campionato, o K2 Senior masculino. No que os catro primeiros K2, marcaban a cabeza da regata. Na ciaboga dos 2000 metros, a cabeza sería para os irmáns Breogán e Iago Monteagudo do Naval de Pontevedra. Liderazgo que se quedaría na cuarta posición, mentres que a cabeza se resolvería nun spint final que finalizaría ca victoria de Ruben Millán e Gabriel Campo do Kayak Tudense, ante os seus compañeiros de clube Iván Alonso e Diego Piña. Mentres tanto, a terceira posición tamén quedaría en mans do Kayak Tudense, ca embarcación de Victor Rodríguez e Gabriel Hernández.