Tono Campos, Gabriel Campo e Eva Barrios, campións de España de Inverno

Na final do C1 Senior, a parella do Breogán do Grove, cambiaron as tornas que no galego, sendo Tono Campos o campión de España, e Diego Romero o subcampión, mentres que o bronce quedaba en más de Sergio Vallejo, do Piraguismo Poio. No K1 Senior masculino, as dúas primeiras posicións se manterían con respecto ao Campionato Galego, sendo Gabriel Campo o campión e Rubén Millán o subcampión, nunha regata no que o terceiro posto de Roi Rodríguez na edición galega, lle foi arrebatado por Javier Hernánz, do Real Grupo Cultura Covadonga. Mentres que na categoría feminina, Eva Barrios do Club Durius Tecozam, foi a campiona de España, sendo subcampiona Isabel Contreras dos Delfíns de Ceuta, mentres que o bronce foi para Laura Pedruelo do Piragüismo Duero Zamora.
Finalmente, a victoria do campionato sería para o Kayak Tudense, que superou años seus rivales o Náutico de Sevilla e o Piragüismo Aranjuez. A cuarta posición sería para o club de Palma e a quinta quedou en mans do Breogán do Grove.