Saúl Craviotto, Isaac Toro e Sete Benavides vencen no selectivo celebrado en Trasona
Estas últimas dúas xornadas, celebrouse no Embalse de Trasona, o primeiro selectivo de 200 metros para as categorías K1, C1 e K2. Ca finalidade de clasificar aos palistas que disputarán o preolímpico e o Cto. de Europa que se celebrará en Moscú.
A primeira disciplina en realizar o control selectivo foi o K2, que se disputou onte e no que venceu a parella do leridano Saúl Craviotto e do galego Cristian Isaac Toro; un K2 formado este ano, xa que esta temporada Isaac cambiou de compañeiro, xa que estes últimos anos facía parella co brigantino Carlos Arévalo. Despois do K2, inda que estaba programado para hoxe, celebrouse o selectivo do C1, que tivo como vencedor ao diploma olímpico Sete Benavides.
Namentres, hoxe foi o turno do K1, no que o subcampión olímpico da modalidade, Saúl Craviotto, venceu as dúas primeiras tiradas, resultando así a suspensión da terceira tirada.