Gabriel Campo, Diego Romero e Nuria Villacé, campions galegos de inverno

cgi16Esta mañá do 6 de marzo, a liga galega de pista estreouse ca celebración do Campionato Galego de Inverno no embalse David Cal en Verducido. A pista, cunha gran participación, e chea de familiares e aficionados deste deporte, contaba ca presenza dalgúns aspirantes aos Xogos Olímpicos de Río, así coma outros ca clasificación segura a Brasil, como é o caso de Teresa Portela, que este ano participará na súa quinta olimpíada.

Trala celebración dos carreiras de tódalas categorías de canoa feminina, nas que a campiona galega no C1 foi Raquel Rodríguez, do Ciudad de Pontevedra, disputouse o campionato do C1 Senior Masculino, nunha carreira na que os tres primeiros clasificados disputaron o lideranzo nos primeiros 1000 metros. Liderazgo que pronto foi para o vilagarciano Diego Romero do Breogán do Grove, que descolgou da cabeza ao seu compañeiro de clube Tono Campos e ao tudense Manu Garrido, que finalizaron segundo e terceiro respectivamente.

Polo seu lado, o kaiak femenino competiu ás 12:00, e tras unha fortísima saída de Teresa Portela, pasada a primeira volta, á aldanesa sumáronse Nuria Villacé, do Breogán do Grove, e Raquel Dacosta do Club Náutico Pontecesures, trío que loitou polo liderazgo toda a regata, e tras un sprint final nos últimos 500 metros, a victoria foi para Villacé, subcampiona Dacosta e Portela foi a 3ª clasificada.

Finalmente, pasadas as 13:45 tivo lugar a categoría máis disputada de todas, o K1 Senior Masculino, que trala primeira ciaboga se formarían varios grupos; no grupo de cabeza se encontrarían os palistas do Kayak Tudense, con Roi Rodríguez á cabeza, seguido polos seus compañeiros de clube Gabriel Campo e Rubén Millán e con Iago Monteagudo do Naval de Pontevedra, formando o cuarteto de cabeza. Perseguindo ao grupo de cabeza estarían Victor Rodríguez e Diego Piña do Kayak Tudense e Jaime Manuel Sobrado do Club Náutico Ría de Pontevedra. Rematando a carreira e tras un longo sprint final, a victoria sería para Gabriel Campo, seguido moi de cerca de Rubén Millán e de Roi Rodríguez, tamén moi de cerca finalizaría o pontevedrés Iago Monteagudo, ás portas do podio.

A vitoria do campionato foi para o Kayak Tudense, presente no podio da maioría das carreiras desta competición que será anticipo do Campionato de España de Inverno que se celebrará en Sevilla a próxima semana.