A selección de maratón prepárase para o Mundial en Györ

worldcanoemarathon15logoA selección española xa está en Hungría para disputar o Campionato do Mundo de Maratón que se realizará na localidade de Györ, cidade que xa foi sede mundialista no 2007.

Nos participantes da selección, encóntranse un gran número de palistas galegos entre os que se encontran: Tono Campos, do Breogán do Grove, que competirá nas modalidades de C1 e C2, e que casualmente foi no mundial desta localidade onde acadou a súa primeira medalla mundial das dez que obtivo ó longo da súa carreira. David Mosquera, do Club Náutico Betanzos que tamén competirá en C1 e o seu compañeiro de clube José Manuel Sánchez, que competirá en C2 con Campos, co que adquiriu dous metales mundiais. O outro C2 estará formado polo arousano Ramón Ferro e o pontevedrés Óscar Graña, quenes conseguiron 9 medallas mundiais. No kayak, entre os representantes galegos están Iván Alonso, que leva seis medallas mundiais na súa carreira e competirá en K1 e en K2 co zamorano Emilio Merchán, que competirá tamén en K1 o día anterior; a outra representación no kayak masculino será o pontevedrés Álvaro F. Fiuza, con seis medallas mundiais na súa vitrina, competirá en K2 co asturiano Walter Bouzán. Na categoría feminina, encóntrase Nuria Villace do Club Náutico de Betanzos, que competirá en K1 e en K2 coa emeritense Estefanía Fernández; e Raquel Rodríguez, do E.P. Ciudad de Pontevedra, que competirá no C1.