O Club de Mar Ría de Aldán gaña o I Trofeo Rías Baixas

Esta mañá de domingo 6 de septembro, a Ría de Arousa era escenario do I Trofeo Rías Baixas, unha travesía en K4 con saída na praia do Terrón en Vilanova de Arousa, porteo na praia de Riasón na Illa de Arousa, paso por San Tomé en Cambados e finalmente a meta no peirao de O Grove; polo seu lado, os C4 e os K4 feminino, tiñan saída de terra na praia arousana. O campionato, aberto soamente para a categoría senior, tivo a súa saída ás 10:00 horas.

I-trofeo-rias-baixasNo K4 feminino, as vencedoras da travesía foron o equipo do Club de Mar Ría de Aldán formado polas irmás Jessica e Noelia Moledo Rial, e por Mª Araceli e Carmela Menduiña Santomé, a segunda posición foi para as palistas do Kayak Tudense co K4 formado por Carla Pérez, Valeria Romero, Carla Cerqueira e Carmen Agra e a terceira posición, foi para outra embarcación do Ría de Aldán, cun K4 formado por Cintia Fernández, Noa Rouco, Irene Dacosta e Lara Davila. No C4, a embarcación mixta do Breogán do Grove e o Ría de Betanzos e á embarcación do Kayak Tudense, foron os primeiros en pasar por debaixo da ponte da Illa de Arousa apenas un kilómetro despois da súa saída, pero a envorco do C4 tudense impediulle disputar os postos de medalla, polo que a victoria foi para o C4 mixto de Tono Campos, Cristian Ribademar e Miguel Fernández do Breogán do Grove e José Manuel Sánchez do Ría de Betanzos; a segunda posición foi para o C4 do Club As Torres de Catoira, cun equipo formado por Rubén Paz, Roi Carballeda, Roi Baulde e Imanol Pérez; e finalmente, a última posición do podio foi para a outra embarcación do Kayak Tudense, cun C4 formado polos xemelgos David e Daniel Costa Bouzada, por David González e Aaron Casás. Finalmente, no K4 masculino estaría encabezado pola embarcación do Kayak Tudense, cun equipo formado por Gabriel Campo, Rubén Millán, Diego Piña e Roi Rodríguez, a segunda posición sería para un dos K4 de Vilaboa, co equipo de Jose Alberto Conde, Ricardo Manuel Ligero, David Loeda e Marco Cadenas; mentres que a terceira posición foi para os rapaces do Naval de Pontevedra: Breogán Monteagudo, Pablo García, Iván Benavente e Adrían García.

A nivel de clubes, o club vencedor foi o Club de Mar Ría de Aldán, seguido do Club Kayak Tudense e do Club de Piragüismo Vilaboa.