Hoxe comeza o Campionato do Mundo de Pista en Milán

Entre hoxe e o venres se celebrarán as eliminatorias e semifinais do campionato, así como algunhas das finais da categoría paralímpica. Este Mundial é determinante para a clasificación nos Xogos Olímpicos de Río 2016, Olimpíadas cuxos palistas tamén se poden clasificar no continental do próximo ano.
Ata o final do campionato e a súa respectiva publicación, poderedes seguir os resultados das finais no Twitter de A Contra Vento.
Moita sorte a tódolos palistas da selección española.