Teresa Portela e o K4 de Hernanz, Germade, Carrera e Peña estarán en Rio ’16

A primeira medalla mundialista sería para o canoísta paralímpico Javier Reja, que se proclamou subcampión do Mundo en canoa VL2. En canto ás outras participacións españolas, o kaiakista talaverano Paco Cubelos non conseguiu clasificarse para a final A e co cal non puido aspirar ás clasificacións olímpicas, de todos modos, foi segundo na final B por detrás do belga Artuur Peters. Na mesma distancia en canoa, o vilagarciano Diego Romero clasificouse para a final B na que acadou a séptima posición. Polo seu lado, a kaiakista Laura Pedruelo clasificouse para a primeira final e rematou en 8ª posición, nunha carreira liderada pola húngara Erika Medveczky.
No K1 500, o tomiñes Roi R. Huertas acadaba clasificarse para a final A tras gañar a súa eliminatoria e a súa semifinal, e finalmente, conseguiu a cuarta posición nunha carreira liderada polo danés René Holten Pousen. No C1, o pontevedrés Adrián Sieiro clasificouse para a final A onde acadou a sexta posición, nunha carreira liderada polo checho Martin Fuksa. E finalmente no kaiak feminino, Begoña Lazcano acadou a clasificación á final C onde foi novena.
Na embarcación individual dos 200 metros, o bimedallista olímpico, o leridano Saúl Craviotto, non acadou clasificarse á final A e aspirar á clasificación olímpica, tras unhas semifinais nas que os 16 mellores tempos entraron en tan solo un segundo, facendo así a clasificación olímpica a cuestións milimétricas. Non obstante, Saúl conseguiu a segunda posición na final C tralo australiano Stephen Bird. Asemade, no kaiak feminino chegaría outra medalla, co bronce de Teresa Portela e a primeira clasificación olímpica, tras uns 200 metros liderados pola neozelandesa Lisa Carrington. O responsable do C1 200, o olímpico maiorquino Sete Benavides, non acadou a clasificación á final A e optar á clasificación olímpica, non obstante, Sete gañou a final B e agora ten mentalizada a clasificación olímpica no preolímpico europeo para o próximo ano. No C1 feminino, a maiorquina Adriana Paniagua clasificouse a final B onde acadou a 7ª posición.
Nas embarcacións de equipo, o K2 1000 do tomiñés Rubén Millán e do ourensán Gabriel Campo acadou clasificarse á final A, onde case consiguen a clasificación olímpica tras acadar a novena posición. Namentres, o C2 do meco Tono Campos e de Diego Romero acadaron a clasificación á final B na que foron séptimos. Polo seu lado, a lucense Tania Fernández e a asturiana Miriam Vega acadaron a sexta posición na final A do K2 1000. Foi no K4 masculino desta distancia no que tivo lugar a outra clasificación olímpica, co asturiano Javier Hernanz, os galegos Rodrigo Germade e Óscar Carrera e o guipuzcoano Íñigo Peña, quedes foron sextos tras clasificarse á final A que venceu a embarcación eslovaca. Nos 500 metros, no K2 o palentino Diego Cosgaya e o maiorquino Marcus Cooper proclamáronse subcampións do mundo nunha final liderada pola parella australiana. Namentres, en ámbolos dous C2, masculino e feminino, gañaron a final B, por un lado o conseguían os galegos Jose Luís Bouza e Adrián Sieiro e polo outro a maiorquina Adriana Paniagua e a vallisoletana Patricia Coco. E rematando as carreiras do medio kilómetro, o K4 da madrileña María Corbera, a ceutí Isabel Contreras, a zamorana Eva Barrios e a compostelana Ana Varela foron cuartas na final B. Nos 200 metros, o K2 do brigantino Carlos Arévalo e do lucense Cristian Toro non acadaron a clasificación A e non puideron optar polas preciadas prazas olímpicas, non obstante, gañaron a final B. No C2, polo seu lado, Antoni Segura e Francisco Luengo foron segundos, tamén na final B. Polo seu lado, a xixonesa Sara Ouzande e a donostiarra Begoña Lazcano foron novenas na final A.
Finalmente, na distancia de fondo, nos 5000 metros, foi onde a selección española conseguiu a súa cuarta medalla, co papel do grovense Tono Campos, que se proclamou subcampión do mundo na distancia, solo por debaixo do alemán Sebastian Brendel. As outras dúas participacións da selección, a de Íñigo Peña no K1 masculino e a de Eva Barrios no K1 feminino, conseguiron a 8ª e 17ª posición, respectivamente. A nivel de seleccións, Alemania foi o país vencedor, por diante de Bielorrusia e Australia, segundo e terceiro país clasificado.