O Náutico de Sevilla, Kayak Tudense e CEP Aranjuez son os tres clubes campións de España de Pista

Estes tres últimos días de semana, a pista de Verducido, rebautizada como pista David Cal, en honra do pentamedallista olímpico, foi escenario do XLVI Campionato de España de Pista para as categorías senior, sub23 e junior.

A pesar de varias ausencias do proxecto olímpico da RFEP, o campionato trouxo unhas intensas xornadas de piragüismo con múltiples carreiras entre as cales estaban tamén as distancias non olímpicas. O venres tiveron lugar as categorías individuais sobre 1000 e 500. A primeira final senior en disputarse sería a do K1 Senior Feminino, na que a palista do Kayak Tudense, Ana Varela logrou ser a campiona por diante das zamoranas Eva Barrios (C.D. Durius Tecozam – Viajes Sanabria) e Laura Pedruelo (Hotel Convento I – Piraguismo Duero Zamora), prata e bronce respectivamente. Na misma carreira, a nivel sub23, a campiona foi Natalia Garcia do Breogán do Grove, Carlota Alvárez da Asociación Atlética Avilesina foi subcampiona e Raquel Bota, do RCN Palma foi bronce. Na canoa senior, o campión foi o vilagarcián do Breogán do Grove, Diego Romero, seguido de Brais Casas, do Kayak Tudense (campión como sub23) e de André Oliveira, do Náutico Firrete. A nivel sub23 a prata e o bronce foron para Sergio Vallejo, do Piragüismo Poio e para Gonzalo Tudela, do Náutico de Sevilla. No kayak, os tres vencedores tamén se encontraban na categoría sub23 e os seguintes foron, o vigués do Kayak Tudense, Roi Rodríguez como campión, Javier Cabañín do Club Piraguas Villaviciosa como subcampión e Pelayo Roza da SCD Ribadesella, bronce. Nos 500 metros, a vencedora senior en K1 foi a zamorada Eva Barrios, por diante de Alicia Heredia, do RCN Palma (quen foi a campiona coma sub23) e de novo ca medalla de bronce, Laura Pedruelo. A nivel sub23, a medalla de prata acadouna a grovense Natalia García e o bronce foi para a irundarra Olatz Zabala, do CSD Santiagotarrak. No C1, as dúas primeiras posicións foron para canoístas de idade sub23, polo cal, campión e subcampión como senior e sub23 foron para Adrián Sieiro, do Piragüismo Poio e Brais Casas, do Kayak Tudense; a nivel senior o bronce foi para o tudense Jose Luis Bouza e coma sub23, foi para Daniel Durán, tamén do Piragüismo Poio. No kayak, o campión volvería a ser para o vigués Roi Rodríguez, seguido de Pelayo Roza e de Pablo Andrés, do Club Deportivo Durius Tecozam; dado que os dous primeiros eran sub23 a outra medalla dispoñible para esta categoría, o bronce, foi para Cristian Silva, do Club de Piragüismo Rías Baixas – Náutico Boiro.

A xornada do sábado estaría destinada ás embarcacións dobles e cuádruples sobre 1000 e 500. En primeiro lugar, no K2 1000 feminino, Ana Varela lograba a súa segunda medalla de ouro con Carla Pérez; Lucia Arquero e Carolina Massagues, da CEP Aranjuez acadaban a medalla de prata e Paula García e Miriam Vega, do RGC de Covadonga, gañaban o bronce. No C2 os campións eran os canoístas do Kayak Tudense, Jose Luis Bouza e Brais Casás, os subcampións no quilómetro eran Jose Manuel Sánchez e Miguel López do Ría de Betanzos e a medalla de bronce foi para David Maquieira e David F. Marqués do Náutico O Muiño. No K2 os vencedores foron os futuros representantes españois da categoría no Mundial deste ano, Gabriel Campo e Rubén Millán, do Kayak Tudense. Os subcampións serían os seus compañeiros de clube, Roi Rodríguez e Victor Rodríguez e o bronce sería para Javier Hernánz e Borja Prieto, do RGC de Covadoga. Nas categorías de K4 e C4, as campionas do K4 feminino foron as palistas García, Remis, Martínez e Vega, do RGC de Covadonga, en segunda posición estarían as palistas do CEP Aranjuez: Arquero, Cobos, Corbera e Massagues e finalmente, en terceira posición estarían Afonso, Cabrerizo, Estévez e Moral do Náutico de Sevilla. No C4, os vencedores foron os palistas do Breogán do Grove: Tono Campos, Adrián Fernández, Miguel Fernández e Diego Romero, polo seu lado, a medalla sería para Jose Manuel Sánchez, Miguel López, David Manuel Mosquera e Alejandro Fraga do Ría de Betanzos e a terceira posición para outro clube galego, xa que foi para os irmáns Costa Bouzada, Óscar Graña e Ramón Ferro, do Kayak Tudense. No K4 masculino, os vencedores serían tamén para os palistas do Kayak Tudense: Campo, Millán, Rodríguez Rodriguez e Diéguez. A tarde foi o turno dos 500 metros e no K2 feminino, as campionas volverían a ser as mesmas que no quilómetro: Varela e Pérez do Kayak Tudense, as subcampionas serían Laura Pedruelo e Victoria Fraile do Duero Zamora e o bronce foi para Raquel Bota e Alicia Heredia do RCN Palma. No C2 a parella vencedora sería a dupla de Romero e Campos, do Breogán do Grove, seguidos de David Maquiera e David Fernández do Náutico O Muiño, como subcampións e Jose Sanchez e Miguel López do Ría de Betanzos, terceiros. No K2 masculino, a victoria tamén volvería a ser para a parella do Kayak Tudense de Campo e Millán, sendo subcampións os palistas Pablo Andrés e Carlos Garrote do Club Deportivo Durius Tecozam e o bronce para os subcampións no 1000, Roi Rodríguez e Victor Rodríguez, do Kayak Tudense. Namentres, no C2 feminino, as campionas serían Casal e Rodríguez do EP Ciudad de Pontevedra, seguidas de Coco e San Juan do Club Deportivo Cisne e de Casal e Gondar do Club de Piragüismo Poio. No C4, os vencedores serían os canoístas do Ría de Betanzos: Sánchez, Vales, López e Fraga, mentres o C4 vencedor do 1000, o equipo formado por Campos, Romero, Fernández e Fernández serían segundos e os terceiros volverían a ser os irmáns Costa Bouzada, Óscar Graña e Ramón Ferro do Kayak Tudense. No K4 masculino, os vencedores volvían a ser os do Kayak Tudense, de novo con Campo e Millán e con outros dous compañeiros nesta distancia, os kaiakistas Iván Alonso e Diego Piña. A medalla de prata foi para Adan, Martín, Rodríguez e Ramírez do Piragüismo Aranjuez e o bronce foi para Hernánz, Prieto, Fernández e Gallo do RGC Covadonga. Rematando a xornada, co K4 feminino, a victoria sería para Carla Pérez, Ana Varela, A. Fátima Porteiro e Valeria Romero, do Kayak Tudense; namentres Arquero, Cobos, Corbera e Massagues volvían a acadar a medalla de prata e García, Remis, Martínez e Vega, do Covadonga, acadaban a medalla de bronce.

Finalmente, despois das intensas primeiras xornadas pasadas, o campionato remataba o mediodía do domingo, finalizando así, cos 200 metros. No C1 feminino senior, a vencedora foi Patricia Coco do Piragüismo Cisne, segunda foi María Jiménez do Náutico de Sevilla e en terceira posición e gañando o ouro na categoría sub23, estaría Jennifer Casal do Ciudad de Pontevedra; completando o podio sub23 estarían Ana Isabel Ríos do Blanca Club de Piragüismo e Cristina Noya do Piragüismo Rianxo. No K2 feminino, gañando na categoría senior e sub23 estaría Natalia García do Breogán do Grove, en segunda posición a nivel senior estaría Eva Barrios do CD Durius Tecozam e terceira sería Alicia Heredia de Palma, que tamén sería subcampiona como sub23; finalmente o terceiro escalón do podio sub23 sería para Sara Ouzande do SD Gauzón – Cabo Peñes. No C1 masculino, as tres primeiras posicións serían as mesmas para a categoría senior e para a sub23, xa que os gañadores serían Adrián Sieiro do Piragüismo Poio como campión, Hugo Alberto Pedrero como subcampión e Francisco Luengo da Asociación Deportiva Pinatarense como terceiro clasificado. No K1, o máis rápido sería Carlos Garrote do CD Durius Tecozam, Carlos Arévalo do Ría de Betanzos como subcampión senior e campión sub23, Marcus Cooper como terceiro clasificado senior e Roi Rodríguez como terceiro sub23. No K2 feminino, as vencedoras serían Pedruelo e Fraile do Duero Zamora con 40.037, seguidas de Varela e Pérez do Kayak Tudense como subcampionas e de Bota e Heredia do RCN Palma, terceiras. No C2, os máis rápidos foron Sieiro e Lores do Piragüismo Poio con 38.770, a menos de 25 centésimas entraban Pedrero e Ursula de Aranjuez e tamén moi preto destes últimos entraron terceiros Bouza e Casás do Kayak Tudense. No K2 masculino, Garrote e Vicente do SD Durius Tecozam, erán os máis rápidos con 32.442, tras eles entraron Campo e Millán como subcampións e Arévalo e Vilariño como terceiros clasificados. Nos K4, as vencedoras na categoría senior feminina foron Bota, Estade, Fernández e Heredia do RCN Palma, en segunda posición estarían Arquero, Cobos, Corbera e Massagues de Aranjuez e as terceiras clasificadas serían Pérez, Varela, Porteiro e Cerqueira do Kayak Tudense. No C4 os campións serían Sieiro, Lores, Novas e Vallejo do Piragüismo Poio, seguidos por Sánchez, Vales, López e Edreria con menos dunha centésima de diferencia e Conde, Figueira, Paz e Lobato das Torres de Catoira en terceira posición. Rematando, ás 13:40 se daría lugar a carreira máis rápida do campionato co K4 masculino, na que os vencedores serían Garrote, AndrésGarcía e Vicente do SD Durius Tecozam cun tempo de 31.053, mentres que o equipo do RCN Puerto de Santa María formado Martín, Monroy, Céspedes e Alvores serían segundos e Borras, EscandellCapdevilaZardoya, do RCN Palma, foron terceiros.

A nivel de clubes, o campións de España sería o Club Náutico de Sevilla, co Kayak Tudense como subcampión e o Club Escuela de Piragüismo de Aranjuez, terceiros clasificados. Completando as cinco primeiras posicións, estarían respectivamente, o Real Club Náutico Palma e o Círculo de Labradores de Sevilla; e contemplando ata a 10ª posición, habería outros catro clubes galegos: a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra 6º, o Club de Piraguismo Poio 8º, o Breogán do Grove 9º e o Club de Mar Ría de Aldán, 10º.

Asemade, o piragüista senior máis laureado foi o palista vigués do Kayak Tudense, Roi Rodríguez Huertas, con catro ouros, unha prata e dous bronces.