Tres ouros, tres pratas e seis bronces no Europeo de Bohinj
Este fin de semana, a localidade eslovena de Bohinj acolleu o Campionato de Europa de Piragüismo de Maratón, na que a selección española nesta modalidade non defraudou acadando doce medallas entre as categorías senior, sub23 e junior.
Nas augas do río Savica, o venres 3 disputábanse tódalas carreiras das embarcacións individuais junior e sub23, agás a categoría k1 Junior masculino. Probas nas que se conseguiron catro bronces. En primeiro lugar, o zamorano Alejandro Sánchez Cobos conseguía a terceira posición en K1 Sub23, o seu compañeiro de selección, o maliayo Pablo Solares acadaba a séptima posición. Na canoa individual sub23, tamén se acadaría un bronce, das mans do zamorano Carlos Vega, nunha regata na que Damián González, do Verducido-Pontillón, quedaba detrás del en 4ª posición. O outra bronce tamén veu de mans dunha embarcación individual sub23, coa presea acadada pola kayakista Estefania Fernández. Moi de preto da extremeña, entraría en meta a madrileña Carolina Massagues, con tan solo 2 segundos de diferencia, acadaría a cuarta posición. Finalmente, o cuarto bronce da xornada, conseguiuna a canoista balear Belen Arnau, en C1 Junior.
Na segunda xornada disputaríanse as categorías individuais senior, o K1 junior masculino e o K2 junior feminino. Pola mañá, mentres que a vallisoletana do Ría de Betanzos, Nuria Villacé, e a bañolina Aurora Figueras acadaban a 6ª e 7ª posición, respectivamente, no C1, o brigantino David Mosquera acadaba a medalla de prata, a medio minuto do campión húngaro, Márton Kövér e cinco minutos por diante do tudense Manu Garrido, quen acadou a cuarta posición. Pola tarde sería o turno do K1 senior masculino, no que o tudense Iván Alonso e o zamorano Emilio Merchán, disputaron a victoria co portugués José Ramalho, cun resultado final que deu victoria ó portugés, mentres que Iván e Emilio serían 2º e 3º respectivamente, e perseguida a parella española do danés Mads Brandt Pedersen, a soamente 4 segundos de Emilio Merchán.
A xornada final do campionato acollería ó resto de categorías, entre as cales houbo un gran triunfo de dúas parellas españolas junior; mentres que o K2 dos vascos Unai Gereka e Imanol Barruetabeña acadaban o ouro, o C2 dos palistas da E.P. Aranjuez, Ignacio Calvo e Álvaro Garrido, tamén o facían na súa respectiva carreira. Polo seu lado, no K2 senior feminino, as parellas de Arquero-Massagues e a de Villacé-Fernández non conseguían ningunha presea, acadando a 5ª e 6ª posición, a parella do arousán Ramón Ferro e do pontevedrés Óscar Graña acadaban a medalla de prata no C2 senior. Polo seu lado, a parella de Tono Campos e Jose Manuel Sánchez acadaban a quinta posición. Rematando, a última carreira do campionato truxo dúas preseas, mentres que a parella de Alonso e Merchán vencía en sprint final ca parella húngara de Boros e Solti, a parella do pontevedrés Álvaro F. Fiuza e do asturiano Walter Bouzán, entraba en meta a 6 segundos dos dous K2 vencedores, acadando a medalla de bronce.