O Campionato Galego concliu esta xornada cas embarcacións de equipo
Esta xornada de sábado 20 de juño, rematou o Campionato Galego de Pista cas carreiras en embarcacións de equipo.
24 categorias de junior, senior e veterano realizarían as súas correspondentes carreiras de 1000, 500 e 200 metros en K2, K4, C2 e C4. As primeiras finales serían todas as categorías masculinas sobre 1000 metros, no K2 Senior, os vencedores serían a parella que disputará o Mundial de Roma en agosto nesta categoría: Gabriel Campo e Rubén Millán do Kayak Tudense, en segunda posición estarían os seus compañeiros Roi Rodríguez e Victor Rodríguez e finalmente, a terceira completaríase con outra embarcación rojo e branco de Gabriel Hernández e Aaron Diéguez. No K4 a embarcación vencedora tamén estaría nas filas do Kayak Tudense, formado polos palistas Rodriguez Huertas, Rodríguez Rodríguez, Hernández e Diéguez, segundos e terceiros no K2. Prata e bronce pertencerían ó Club Piragüismo Vilaboa, en segunda posición estarían Antonio Palmas, Brais Sánchez, Jose A. Conde e Ricardo Ligero e terceiros serían Diego Castro, Breixo Buján, Mauro Pazos e David Loeda. No C2 os vencedores tamén serían os responsables dos 1000 metros no Mundial, Tono Campos e Diego Romero, seguidos moi de cerca de José Luis Bouza e Brais Casas, do Kayak Tudense, con solo 0.22 segundos de diferencia. Pola súa banda, a terceira posición sería para José M. Sánchez e Alejandro Braza, do Ría de Betanzos. Mentres tanto, C4 os vencedores serían Ramón Ferro, Óscar Graña e os irmáns Daniel e David Costa Bouzada. Os subcampións serían os canoístas do Club de Piragüismo Poio Adrián Sieiro, Daniel Durán, Jacobo Lores e David Novas, e os terceiros e medalla de bronce serían Alejandro Fraga, Xose Vales, David M. Mosquera e Adrián Edreira do Ría de Betanzos. Na primeira sesión de finales tamén se encontrarían as respectivas probas femininas sobre 500 metros, na que o K2 estaría liderado por Carla Pérez e Valeria Romero do Kayak Tudense, en segunda posición estarían as palistas do Breogán do Grove, Natalia G. Naveiro e Tania A. Yates e en terceira posición estarían Carmela e Araceli Menduiña do Club de Mar Ría de Aldán. No K4 as vencedoras tamén serían as rapazas do Kayak Tudense: Valeria Romero, Andrea F. Porteiro, Carla Cerqueira e Aurora Santomé, en segunda posición estarían Araceli e Carmela Menduiña e Jessica e Noelia Moledo do Ría de Aldán e en terceira estarían Rut Otero, Sara Bravo, Tania A. Yates e Mª Antia Rodríguez do Breogán do Grove.
As finales do 200 metros completarían a xornada final do campionato. No K2 Senior os vencedores serían Carlos Arévalo e David Vilariño do Ría de Betanzos cun tempo de 32.99, seguidos de Gabriel Campo e Rubén Millán do Tudense con 0.25 segundos de diferencia. En terceira posición estarían Victor Rodríguez e Roi Rodríguez cun tempo de 33.91. No C2 os campións serían os tudenses Jose Luis Bouza e Brais Casas cun tempo de 38.62, segundos serían Tono Campos e Diego Romero do Breogán con 39.02 e terceiros serían Sergio Vallejo e Daniel Durán do Piragüismo Poio. Finalmente, no K2 feminino as vencedoras volverían a ser as palistas do Kayak Tudense, Pérez e Romero, e de novo tamén, as segundas volverían a ser as rapazas do Breogán do Grove, García e Alvárez, e por último, terceiras serían Carla Sieiro e Noelia Martínez do Naval de Pontevedra.