Intenso Campionato Galego de Pista no Pontillón do Castro

Hoxe mesmo se disputaba o Campionato Galego de Pista en embarcacións individuais no embalse de Pontillón do Castro en Verducido.

Campionato no que, como novidade, se suprimiron as semifinais, polo que as correspondentes finais se decidirían nos tempos recollidos nas carreiras eliminatorias. Mentres que pola mañá se disputaron tódalas carreiras sobre 1000 metros para as categorías masculinas e as eliminatorias da categoría feminina sobre 500 metros, pola tarde se disputaron as finais de 500 metros e tódalas carreiras sobre 200 metros.

Nos 1000 metros, na categoría K1 Senior o podio estivo completo por palistas do Kayak Tudense: Gabriel Campo ca medalla de ouro, seguido por Diego Piña e Aaron Diéguez, prata e bronce, respectivamente. Polo seu lado no C1 Senior a victoria foi para o tudense José Luís Bouza, seguido do seu compañeiro de clube Brais Casas e a terceira posición para Sergio Vallejo, do Club Piragüismo Poio.

Pola tarde, as primeiras en disputar as finais serían as categorías femininas sobre 500, eliminatoria a cal realizaron pola maña. No K1 Senior 500 a campiona sería Natalia García do Breogán do Grove, seguido polas palistas do Kayak Tudense, Carla Pérez e Andrea F. Porteiro, segunda e terceira respectivamente. Mentres que no C1 500 feminino, a primeira posición sería para Jenifer Casal da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, seguida da súa compañeira Raquel Rodríguez e Cristina Noya do Club Rianxo en terceira posición.

IMG_722Nos 200 metros, a primera final senior en disputarse sería o C1 feminino, cuxo podio se completaría cas mesmas palistas ca o 500, con Casal, Rodriguez e Noya, a esta final lle seguiría a do K1 masculino, no que o campión volvería a ser Gabriel Campo Pavón cun tempo de 37,59, o subcampión sería Diego Castro do Club Vilaboa (38,13) e a medalla de bronce sería para Diego Dacosta do Club de Mar Ría de Aldán (38,72).  Polo seu lado, no kayak feminino a vencedora volvería a ser Natalia García (44,21) de novo por diante de Carla Pérez (46,68) e Andrea F. Porteiro (48,31). No C1 masculino a victoria se resolvería claramente por Adrián Sieiro (41,69), o podio completaríase todo de amarelo xa que os outros dous vencedores serían os seus compañeiros do Piragüismo Poio: Sergio Vallejo (43,44) e Daniel Durán (43,95).

Para ver os resultados completos, pinchar aquí.