Palmas, Agra, Rojo e Casal gañadores da Baixada do Umia 2015

Esta tarde de domingo 14 de Xuño, disputouse a Baixada do río Umia. Cunha saída prevista para as cinco en punto, que tivo que ser retrasada por un diluvio que nos caeu a palistas e espectadores con motivo da tormenta que pouco antes.

antoniopalmas-umia15Co percorrido habitual con saída en Godos (Caldas de Reis) e chegada no Club Náutico O’Muiño de Ribadumia, as diferentes categorías en participar foron as categorías cadete, junior, senior e veterano. O primeiro K1 Senior en chegar á meta,e por suposto tamén o primeiro de tódolos palistas, foi Antonio Palmas do Club Piragüismo Vilaboa, que venceu de novo este ano ca diferencia que nesta ocasión chegou solo á liña de meta. Os seus compañeiros de podio serían Iván Dominguez do C.C.P. Portonovo e Javier Conde, tamén de Vilaboa. Na canoa, o vencedor foi o palista arousán do Club Náutico O’Muiño, Carlos Agra, que tras un pequeno incidente na saída, pronto se poñería en cabeza por diante do seu compañeiro de clube David Maquieira e do palista do Breogán do Grove, Miguel Fernández. Na categoría feminina en kayak a gañadora foi María Rojo do Náutico O’Muiño, seguida de Noelia Martínez do Naval de Pontevedrae Gloria Silva, do Club Piragüismo Illa de Arousa. Na canoa feminina a vencedora foi Jennifer Casal do Ciudad de Pontevedra, que derrotaba á outra inscrita nesta categoría, a súa compañeira de clube, Raquel Rodríguez.

A nivel de clubes, o vencedor foi o Club Náutico O’Muiño, segunda posición para o E.P. Ciudad de Pontevedra e a terceira para o Club Piragüismo Illa de Arousa. Victoria de O’Muiño celebrada co chapuzón forzoso do seu adestrador, Jose Manuel Vázquez.

IMG_0921