O Ría de Aldán volve gañar na 3ª regata de Kayak de Mar en Cambados
A primera saída, as 16:00 sería para tódalas categorías junior e senior agás as de embarcación tradicional, que terían a súa saída as 17:30 cas categorías cadetes.
Os líderes da primeira saída estaría entre os dous vencedores nas respectivas categorías K2 e K1 senior masculino, respectivamente. O K2 vencedor sería o do Club de Mar Ría de Aldán formado por Sergio Menduiña e Armando Pousa, a segunda posición nesta categoría sería os locales, o K2 de Borja Botana e Fco. Javier Rebollido e en terceira posición estarían Jose Angel Busto e David Bouzón do Club As Torres de Catoira. Polo seu lado, a victoria en K1 sería para Artur Rodrigues do Club Piragüismo Cambados, seguido por Jose Ramón Estevez do Club de Pontecesures e o local Francisco Estévez, tamén de Cambados. Na categoría feminina a victoria sería para Tania Álvarez Yates do Breogán do Grove, e en segunda e terceira posición estarían as padexeiras do Ría de Aldán, Carmela Menduiña e Antía Martínez respectivamente. No K2 mixto a victoria sería para a parella do Ría de Aldán de Jessica Moledo e Jose Ángel Besada, seguidos pola parella do Club Piragüismo Aldán de María Pérez Rial e Manuel Camaño e a parella da Illa de Arousa de Gloria Silva e Arturo Paz en terceira posición. Polo seu lado, na categoría senior en embarcación tradicional a victoria sería para Fco. Celestino Rodríguez do Breogán do Grove, mentres que os dous seguintes postos serían para os padexeiros do Club Cabanas KDM, Francisco Vázquez e Juan Freire. No kayak tradicional feminino o ouro sería para Cristina Noya, do Club Rianxo, Sofía Rial do Ría de Aldán ca prata e Laura Lesmes de Cambados, bronce.
A nivel de clubes, a victoria sería para o Club de Mar Ría de Aldán, seguido do Piragüismo Cambados, o Breogán do Grove, o Muíño de Ribadumia e o Club Náutico Cobres.