Campionato de Europa de Pista (2) – Racice 2015 (CZE)

racice_logoEsta mañá disputábase a segunda e última xornada de finais do campionato de Europa de velocidade en Racice (República Checa).

A primeira carreira con participación española da xornada foi a final B de Isabel Contreras no K1 500, segunda na súa categoría. No que a participación española se refire, o seguinte sería o vigués Roi Rodríguez, que foi sexto na súa final de K1 500.

Ás 9:39 sería o turno da final do K4 1000 do asturiano Javier Hernánz, os galegos Rodrigo Germade e Óscar Carrera, e o euskera Íñigo Peña, quenes conseguirían a primeira medalla española do europeo: un bronce. O K4 faría a distancia do kilómetro cun tempo de 02:58.152, nunha carreira na que vencería o K4 checho, cun tempo de 0.87 da segunda posición, o K4 portugués, e 1.29 segundos do K4 español.

A seguinte participación española sería o da canguesa Teresa Portela, que disputando a súa primeira competición internacional despois de ser nai, e casualmente fixo a súa final de 200 metros o día da nai, finalizando en sexta posición cun tempo de 42.052, cun 1’07 da campiona, a francesa Sarah Guyot.

A segunda medalla do día sería para o C1 de Sete Benavides, que sería bronce cun tempo de 40,636, nun 200 liderado polo ruso Andrey Kraitor, con 340 milésimas do maiorquín.

Pola súa parte, Saúl Craviotto acadaría a sexta posición cun tempo de 35.164, soamente a menos de medio segundo do campión, o serbio Marko Dragosavljevic. Mentres tanto, Patricia Coco sería séptima na final de canoa feminina 200 metros, mesma posición co C2 do pontevedrés Adrián Sieiro e Jacobo Lores, nun 200 no que vencerían os rusos Alexey Korovashkov e Ivan Shtyl. A ultima final de velocidade sería a do K2 200 no que os galegos Cristian Isaac Toro e Carlos Arévalo serían novenos nunha carreira na que vencería a embarcación alemana do incombustible Ronald Rauhe e Tom Liebscher, cun tempo de 32.224.

Nos 5000 metros, a primeira carreira sería para a categoría K1 feminina, na que a zamorana Eva Barrios se quedaría as portas do podio nun 5000 liderado pola bielorrusa Maryna Litvinchuk. A esta carreira lle seguiría o C1 no que Diego Romero sería séptimo, nunha carreira que lideraría o alemán Sebastian Brendel. Finalmente, a última proba sería para o K1 masculino, na que o euskara Íñigo Peña acadaría a quinta posición nun 5000 no que vencería o danés Rene Poulsen.

FInalmente, o país líder do medalleiro sería Alemania, con 7 ouros, 3 bronces e 1 bronce, por diante de Rusia e Bielorrusia, tamén con 11 medallas.