Campionato de Europa de Pista – Racice 2015 (CZE)

racice_logoEste sábado se disputaba na localidade checa de Racice a primeira xornada de finales do Campionato de Europa de Pista.

Entre os padexeiros da selección española que disputarían hoxe a súa final estarían o talaverano Francisco Cubelos, que sería octavo na final do K1 1000, nunha carreira liderada polo alemán Max Hoff; mentres que André Oliveira, séptimo na final do C1 1000, nun kilómetro liderado por outro alemán, Sebastian Brendel.

Nas embarcacións dobles, Diego Cosgaya e Marcus Cooper serían octavos na final de K2 1000, a mesma posición que acadarían María Corbera e Eva Barrios en K2 1000 feminino; polo seu lado, Diego Romero e Tono Campos, non acadarían chegar á final acadando a cuarta posición na semifinal de C2 1000.

Mentres tanto, para as finais de mañá, os clasificados españois para a final A serían:

– Hernánz, Germade, Carrera e Peña en K4 1000

– Roi Rodríguez en K1 500

– Teresa Portela en K1 200

– Sete Benavides en C1 200

– Saúl Craviotto en K1 200

– Jacobo Lores e Adrían Sieiro no C2 200

– Cristian Isaac Toro e Carlos Arévalo no K2 200

Mentres tanto, Isabel Contreras estará na final B do K1 500.