Unha Travesía da Toxa con récord de participación

toxa15

Esta maña tivo lugar a Travesía da Toxa, en O Grove, unha XII travesía que batía o récord de participación, con casi 500 inscritos.

Nunha mañá ventosa, os primeiros en participar serían as categorías cadete e junior en embarcacións dobles baixo uns 5 km. que percorerían dúas voltas entre as inmediacións do clube Breogán do Grove e o ponte da Illa da Toxa. Pola contra, as categorías senior, realizarían a súa carreira en K4 percorrendo tres voltas.

No K4 feminino da categoría absoluta, as vencedoras foron as do Club Cidade de Lugo, integrado por Lorena Jubón, María Moar, Sabela Castro e Jessica Peneda, en segundo lugar, entrando menos de un minuto despois entraría o K4 de Araceli Menduiña, Mª Soledad Ruibal, Jessica Moledo e Carmela Menduiña, do Club de Mar Ría de Aldán. Pola súa parte, en terceiro lugar estaría o K4 do Kayak Tudense formado por Aurora Santomé, Carla Cerqueira, Marta Alen e Carmen Agra.

Cinco minutos despois desta carreira saería o C4 Senior, cunha carreira na que vencería a embarcación de Ramón Ferro, Óscar Graña e os gemelos Costa Bouzada, do Kayak Tudense. Casi dous minutos despois entraría a segunda embarcación, que serían os locais do Breogán, cun C4 formado por Cristian Ribademar, Francisco Celestino Rodríguez, Miguel Fernández e Sami Grigore. Poucos segundos despois entraría a terceira embarcación, a do Ría de Betanzos de David Veiga, Iván Mosquera, David Manuel Mosquera e Xose Francisco Vales.

Por último, tería lugar o K4 masculino, cun total de 23 embarcacións. Os vencedores nesta carreira, serían os do Kayak Tudense co K4 de Iván Alonso, Aaron Diéguez, Gabriel Hernández e Diego Piña. As dúas seguintes embarcacións entrarían a 10 e 14 segundos dos primeiros sendo éstas dúas embarcacións do Club Piragüismo Vilaboa, sendo segundos o K4 de Brais Sánchez, Jose Alberto Conde, Javier Gonde e Antonio Palmás e terceiros o K4 de Diego Castro, Marcos Terzado, Ricardo Manuel Ligero e Mauro Pazos.

Finalmente, na clasificación de clubes os vencedores serían o Club de Mar Ría de Aldán en primeira posición, o Naval de Pontevedra en segunda, e finalmente no terceiro escalón estaría Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra.