O Ría de Aldán vence na 2ª regata de Kayak de Mar en Rianxo

Esta tarde celebrouse nas aguas de Rianxo a segunda regata da Copa Sipre en Kayak de Mar.

paisaxerianxo

A competición tería lugar en 2 saídas: en primeiro lugar, ás 16:00 daríase a saída a todalas categorías a excepción de tódolos cadetes e as outras categorías sobre embarcación tradicional. O recorrido, realizando 10 km. en dúas voltas sufrindo unhas fortes condicións de vento e olas, traería como gañador de forma absoluta o K1 Senior de Artur Miguel Rodrigues do Club Piragüismo Cambados; conseguindo as posicións de podio nesta mesma categoría estarían Jesús Rodríguez León do Fluvial O Barco e Alberto Pigueiras do Club Piragüismo Viveiro. A victoria no K2 Senior sería para Borja Botana e IMG_8725Francisco Javier Rebollido do Club Piragüismo Cambados, non obstante, os K2 Veterano de Francisco Dacosta e Rodrigo Tiebo do Piragüismo Aldán e David Caride e Jesús Dacosta do Ría de Aldán, venceron ós K2 da categoría Senior. No K2 Mixto os vencedores foron a parella do Ría de Aldán de Noelia Moledo e Óscar Iglesias, seguidos de Manuel Camaño e María Pérez Rial do Piragüismo Aldán e de Armando Pousa e Laura Gil tamén do Ría de Aldán. E finalmente, na categoría individual feminina a victoria foi para Carmela Menduiña do Ría de Aldán, do mesmo clube que a segunda en entrar na liña de meta Antía Valladares.

Polo seu lado, a salida das 17:30, cun circuíto diferente debido ás condicións climatolóxicas, recorreron unha distancia de 5 km. Por este lado, a victoria do K1 Senior en embarcación tradicional sería para Francisco Celestino Rodríguez do Breogán do Grove, seguido de Juan Freire do Cabanas KDM e do local Adrián Vázquez en terceira posición. Polo seu lado, as vencedoras e únicas participantes no K1 Senior feminino en tradicional foron Cristina Noya, do Club de Rianxo e Sofía Rial do Ría de Aldán.

A nivel de clubes, os vencedores serían os do Club de Mar Ría de Aldán, seguidos do Club de Piragüismo Cambados e do Club Náutico O Muiño de Ribadumia.