Peña, Campos e Barrios, campións de España de Inverno

Este fin de semana disputouse o Campionato de España de Inverno, como tódolos anos sobre as augas do Guadalquivir en Sevilla.

No K1 Senior, o euskara Íñigo Peña, tras haber sido segundo na clasificación dos 2000 metros por detrás do talaverano Paco Cubelos, proclamaríase campión de España nos 5000 metros, tras superar en máis de un segundo ó tudense Roi Rodríguez. Mentres tanto, o terceiro posto sería para o palentino Diego Cosgaya.

No C1 o meco Tono Campos proclamaríase campión tras tomarlle a revancha ó seu compañeiro de clube, Diego Romero. Dez segundos detrás da parella do Breogán do Grove entraría en terceira posición o tudense José Luis Bouza.

Polo lado feminino, a vencedora no K1 sería a zamorana Eva Barrios, superando en 1.1 segundos á tamén zamorana Laura Pedruelo. Pouco despois da parella zamorana entaría na terceira posición a donostiarra Begoña Lazcano.

A nivel de clubes, o vencedor sería o Club Kayak Tudense, seguido polo Club Escuela de Piragüismo Aranjuez e os anfitrións do Náutico de Sevilla. As seguintes mellores participacións galegas neste Campionato de Inverno serían para a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, en séptima posición e o Breogán do Grove, en 13ª.