O Kayak Tudense e O Ría de Aldán, os mellores neste Campionato de Inverno en embarcacións de equipo
O sábado pola mañá disputáronse no embalse de Pontillón do Castro (Verducido), as carreiras desta edición do Campionato Galego de Inverno en Embarcacións de Equipo. Carreiras en cuxas categorías senior, o Kayak Tudense era o vencedor na categoría masculina e o Ría de Aldán o homologaba na categoría feminina.
Nos 5000 metros do K2, o podio se tinguiu de blanco e vermello xa que as tres parellas vencedoras pertencían ás filas do Kayak Tudense: Rubén Millán e Gabriel Campo serían os vencedores, cinco segundos tras eles entrarían en meta Diego Piña e Roi Rodríguez e finalmente, a doce segundos destes, entrarían Aaron Diéguez e Gabriel Hernández.
Na canoa, a parella de Tono Campos e Diego Romero, do Breogán do Grove, primeiro e segundo no Campionato Individual, venceron a súa carreira con casi medio minuto de diferencia dos maratonianos Ramón Ferro e Óscar Graña, nas filas do Kayak Tudense. Seguíndolles de cerca estarían Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, do Club Piragüismo Poio.
No lado feminino, as vencedoras serían as mecas Tania Álvarez Yates e Natalia Garcia Naveiro, con 18 segundos de diferencia das súas persecutoras de As Torres de Catoira: Angela Baulde e Rebecca Laurjssen. Finalmente en terceira posición estarían Carla Sieiro e Noelia Martínez, do Piragüismo Poio.
Mentres tanto, nas categorías inferiores, o Ciudad de Pontevedra vencería na modalidade cadete e junior masculino, As Torres de Catoira faría o mesmo en cadete feminino e, finalmente o Ría de Aldán repetiría victoria tamén na categoría junior feminino.