David Cal retírase

David Cal na Copa Master 2009David Cal, o deportista olímpico máis laureado na historia de España, anuncia a súa retirada.

Foi en Cangas do Morrazo, a súa localidade natal, onde Cal anunciou a súa decisión, afirmando que o motivo desta retirada é a falta de motivación, o feito de adestrar a 8000 km da súa casa, onde está a súa xente, a súa familia e os seus amigos, tamén é un dos motivos desta falta de motivación e polo tanto, do seu retiro.

O palista do Morrazo retírase con 5 medallas (1 ouro e 4 pratas) acadadas en tres edicións dos Xogos Olímpicos (Atenas, Pekín e Londres); con tal palmarés olímpico, está lonxe de que alguén o consiga igualar.