Comeza a Liga Galega de Piragüismo co Campionato de Inverno
Máis de 40 clubes se reuniron para dar comezo a este Campionato, precedido por un control amistoso celebrado a semana pasada no mesmo lugar, tendo un percorrido de carreira de 5 km, ó igual que a xornada de igual.
A primeira carreira en categoría senior tivo lugar ás 12 horas. Desde os dous primeiros kilómetros, a carreira foi liderada por Teresa Portela do Ría de Aldán e Natalia García do Breogán do Grove. A poucos metros de estas estaría a parella de Carla Pérez, do Kayak Tudense e Nuria Villace, do Ría de Betanzos. Nos últimos 300 metros, a grovense descolgouse de Portela, deixando á canguesa entrar soa en liña de meta, cun tempo de 23:21; 9 segundos despois entraría en meta a súa rival Natalía García e, finalmente, en terceira posición e acadando o bronce, estaría Carla Pérez Coya, cun tempo de 23:55, cun tempo de 6 segundos de diferencia de Villace.
Ás 13:10 sería o turno dos C1 Senior, carreira na que, chegando a ciáboga de 2 km. estaría André Oliveira do Náutico Firrete, cuns metros de vantaxe dos seus persecutores: a parella de Tono Campos e Diego Romero, do Breogán do Grove. Pouco detrás de éstes estarían as canoas do Kayak Tudense de Brais Casas, David Costa, Ramón Ferro e Manuel Garrido así como os dous do Ría de Betanzos: David Manuel Mosquera e José Manuel Sánchez. Continuando a carreira, Oliveira xa non estaría na cabeza, a cal se disputaría a parella do Breogán do Grove. Disputa que chegaría a liña de meta, na que Diego Romero superou lixeiramente a Tono Campos, cun tempo de 23:00. En terceira posición entraría o tudense Brais Casas.
Finalmente, a proba máis disputada sería, como sempre, o K1 Senior, que antes de dar o pistoletazo de saída ás 13:45, celebrouse un minuto de silencio en honra de Eduardo Sousa, piragüista, entrenador e directivo, falecido por enfermidade dous días atrás. Tras unha emocionate saída no K1 Senior, a cabeza na ciaboga dos 2 km estaría composta polos palistas do Kayak Tudense con Rubén Millán marcando, tras él iban Iván Alonso, Gabriel Campo, Diego Piña e Roi Rodríguez, seguidos moi de preto polos seus compañeiros Victor Rodríguez e Aaron Diéguez. A loita entre os 5 en cabeza alongouse ata os últimos 200 metros, nos que Campo e Rodríguez perderían a cabeza deixando as posicións de medalla para Millán, Alonso e Piña, que entraron nesta orde na liña de meta en menos de dous segundos.
Con respecto os podios das diferentes categorías, as tres posicións foron as seguintes:
K1 Home Cadete:
1º Luis Rodríguez (C.P.Portonovo). 2º Francisco Silva (C.P.Portonovo). 3º Anxo Susavila (As Torres de Catoira).
K1 Muller Cadete:
1º Carolina García (Ciudad de Pontevedra). 2º Marta Iglesias (Ría de Aldán). 3º Fátima Ordóñez (As Torres de Catoira).
C1 Home Cadete:
1º David Barreiro (Náutico Rodeira). 2º Pablo Graña (Náutico Rodeira). 3º Pablo Rodríguez (Poio).
C1 Muller Cadete:
1º Antía Jacome (Ciudad de Pontevedra. 2º Andrea Vázquez (Náutico Boiro). 3º Noa Touris (As Torres de Catoira).
K1 Home Xuvenil:
1º Iago Monteagudo (Naval de Pontevedra). 2º Adrián Prada (Fluvial O Barco). 3º Borja Bejo (O Muíño de Ribadumia).
K1 Muller Xuvenil:
1º Raquel Dacosta (Náutico Pontecesures). 2º Camila Morison (Náutico Pontecesures). 3º Carla Sieiro (Naval de Pontevedra).
C1 Home Xuvenil:
1º Alex Bernandez (Poio). 2º Alfonso Domínguez (Kayak Tudense). 3º Pedro Galbán (As Torres de Catoira).
C1 Muller Xuvenil:
1º Paula Castro (Náutico Boiro). 2º Isabel Noya (Ciudad de Pontevedra). 3º Laura Outón (C.P.Portonovo).
C1 Muller Senior:
1º Raquel Rodríguez (Ciudad de Pontevedra). 2º Jennifer Casal (Ciudad de Pontevedra). 3º Cristina Noya (Rianxo).
K1 Home Vet35-39:
1º Jesús Rodríguez (Fluvial O Barco). 2º Antonio Polo (Grupo Xuvenil). 3º Alberto Pigueiras (Viveiro).
K1 Home Vet40-44:
1º Bernardo Sánchez (Fluvial O Barco). 2º Miguel Anxo González (Fluvial O Barco). 3º Antonio Castiñeiras (Naval de Pontevedra).
K1 Home Vet45-49:
1º Juan Antonio Reguera (Vilaboa). 2º Raúl Cedrón (Ribadeo). 3º José Manuel García (Grupo Xuvenil).
K1 Home Vet50-54:
1º José Manuel Sánchez (Naval de Pontevedra). 2º José Enrique Acuña (Vilaboa). 3º José Ramón Guillán (As Torres de Catoira).
K1 Home Vet55-59:
1º Celso Martínez (Náutico de Cobres). 2º José Via (Ría de Betanzos). 3º Fernando Carvajal (Escuela Ourensana).
K1 Muller Veterán:
1º Mónica Piñeiro (Fluvial de Aveiro). 2º MªAngeles del Riego (Viveiro). 3º Rut Otero (Breogán do Grove)
C1 Home Vet35-39:
1º Juan Manuel Vieites (Illa de Arousa). 2º Mario Noya (O Muíño de Ribadumia). Jesús Pérez (Aldán)
C1 Home Vet40-44:
1º Enrique Míguez (Kayak Tudense). 2º Ignacio López (Ría de Aldán). 3º Antonio Rodríguez (Ciudad de Pontevedra).
Para ver os resultados completos pulsar aquí, e para os veteranos, aquí.