André Oliveira, Francisco Cubelos e Teresa Portela protagonistas do 1º Selectivo de Pista

O embalse de Verducido está sendo escenario dos Controles Selectivos de Pista de “Los 16 de Brasil 2016“, selectivo para as citas internacionais de este ano. Mentres que o primeiro selectivo se realizou o 20 de febreiro, o 2º e último control terá lugar o 6 de marzo.

Con respecto ó selectivo realizado, no C1 1000 metros, André Oliveira deu a sorpresa gañando e aventaxando con 7’3 segundos ó segundo en chegar á liña de meta, que foi David Cal, que non competía no control oficialmente. Detrás do padronés, canoísta do Náutico Firrete, entraron en meta Brais Casas, Sergio Vallejo, José Luis Bouza, Alex Bernández, Rogelio Figueiras, Alfonso Benavides, Rubén Álvarez e Roi Carballeda.

No K1 1000 metros, o talaverano Paco Cubelos foi o primeiro nun resultado moi axustado co eusquera Íñigo Peña. Na súa final tamén estaban, de 3º a 9º consecutivamente: Roi Rodríguez, Javier Hernánz, Victor Rodríguez, Ruben Millán, Gabriel Campo, Diego Cosgaya e Albert Martí.

No K1 feminino 500 metros a victoria foi para Teresa Portela, con 18 meses fóra da competición tras a súa maternidade. Tras ela, as palistas en cruzar a liña de meta serían Isabel Contreras, Begoña Lazkano, Laura Pedruelo, Ana Varela, María Corbera, Tania Fernández, Carla Pérez e Raquel Da Costa.

As outras modalidades olímpicas disputadas serían o C2 1000 metros, cuxa victoria sería para Tono Campos e Diego Romero.

Entre as modalidades non olímpicas, no K1 500 metros o vencedor foi para Roi Rodríguez, o K2 feminino 200 as primeiras foron Isabel Contreras e Laura Pedruelo, no K2 feminino 1000, as vencedoras foron Ana Varela e Eva Barrios e no K2 500 foi liderada pola parella de Marcus Cooper e Diego Cosgaya.