Entrevista a Ramón Ferro

ramonferro_banyoles10Saúdos a tódolos amantes da piragua e Bo Nadal teñades, nestas soleadas inda que frías xornadas que estamos tendo este nadal en Galicia; en A ContraVento ofrézovos unha entrevista ó meu paisano Ramón Ferro, maratoniano canoísta e nonamedallista mundial.

A ContraVento: Bos días Ramón. Gracias por concedernos estos minutos.

Ramón Ferro: Gracias a vos por pensar en min para esta entrevista.

ACV: ¿Como van estos frías días de adestramento?

RF: Un pouco canso polo traballo que realizo de mariscador, xa que este ano faise duro polas horas de traballo que non son poucas e apenas teño tempo para descansar.

ACV: Co teu bronce acadado no Campionato do Mundo de Oklahoma este septembro, acadaches a túa novena medalla mundial, cun total de 3 ouros, 3 pratas e 3 bronces. Fálanos de como foi a carreira cales foron os puntos febles que vos impediron a tí e a Óscar Graña revalidar a victoria de Dinamarca no 2013.

RF: Puntos febles non tiñamos pero as sensación non foron para nada boas e non supemos cales foron as consecuencia de ese momento. Ese momento malo pudolle tocar a outros pero tocounos a nos.

ACV: ¿Cales son os teus obxetivos para esta temporada 2015?

RF: Clasificarme para o Europeo e o Mundial no mes de maio, no campionato de España a celebrar en Pontevedra.

ACV: Deixando aparcado un pouco as futuras metas, nas túas viaxes de competición por todo o Mundo, ¿de que campionato do Mundo o Europeo tes mellores recordos? Tanto pola propia competición como polo lugar da mesma.

RF: O Mundial de Dinamarca foi a proba donde tiven mellores sensacións, pero donde teño recordos do lugar foi o de Roma.

ACV: ¿E cal foi a túa peor experiencia nun Mundial?

RF: O Mundial de Singapur por ser descalificado por un motivo que para min non supoñía descalificación.

ACV: Moitas gracias polo teu tempo nestes días de Nadal. Noraboa polos teus éxitos e sorte nas futuras metas.