A Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra vence na XLVIII Descenso do Sil
A tarde do sábado 13 de septembro se celebrou no Barco De Valdeorras o XLVIII Descenso do río Sil, na que un servidor tamén participaría neste fermoso e emocionante descenso.
As 18:00 se daría a primeira saída en Sobradelo, que sería a de tódolos K2 masculino, seguidos a estos se daría a saída a tódolos K1 masculino, logo tódolos C1 e por último o K1 feminino. O descenso, co seu habitual percorrido de 7 km. sería liderado polo K2 do Club Los Cuervos de Pravia formado por Alberto Sánchez e Daniel Jesús Pérez, cun tempo de 24:53. Na segunda posición do K2 senior estarían Ruben Millán e Diego Piña do Kayak Tudense e en terceira posición sería para o K2 de Vilaboa de Brais Sánchez e Marcos Terzado. En K1 senior, a primeira posición sería para o habitual gañador neste descenso, o local Jesús Rodríguez León, do Fluvial O Barco, en segunda posición quedaría Óscar Hernández da Sociedad Cultural Deportiva Ribadesella, e a terceira posición sería para Santiago Martinez da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.
No C1 senior a victoria sería para David González Mella, do Kayak Tudense, seguido por Borja Gargallo do Náutico Firrete e Adrian Sieiro, do Club Piragüismo Poio, en terceira posición. En K1 senior feminino, a victoria sería para a tudense Carla Pérez, seguida da lucense Sabela Castro en segunda posición, e Andrea Fátima Porteiro, tamén do Kayak Tudense, en terceira posición. No C1 senior feminino, o podio estaría formado por Jenifer Casal, do Ciudad de Pontevedra en primeira posición, a súa compañeira de clube Raquel Rodríguez en segunda, e Nerea Gondar, do Club de Piragüismo Poio en terceira posición.
A nivel de clubes, a victoria sería para a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, a segunda posición sería para o Club Kayak Tudense, mentres que o Club de Mar Ría de Aldán serían terceiros neste descenso que poría fin á Liga Galega de Augas Tranquilas.