Oklahoma 2014: dúas pratas e dous bronces na última xornada do Mundial

2014-icf-cam-wchHoxe celebrouse a última xornada do Campionato do Mundo de Maratón en Oklahoma, que sumou 4 preseas máis á selección española.

Na primeira carreira do día, as kaiakistas Lucía Arquero e Carolina Massagues finalizaron na novena posición e polo seu lado, Aurora Figueras e Raquel Carbajo foron undécimas.

Foi nos C2 nos que se acadaría a primeira parella de medallas, Tono Campos e José Manuel Sánchez foron en cabeza xunto cos húngaros Adam Kozce e Marton Kover, segundo onte no C1 detrás de Campos, pero foi a partir do penúltimo porteo cando os hungaros lle tomaron unha certa ventaxa que continuaría ata o final, finalizando subcampións, pero tamén sendo éste o mellor Mundial de Tono Campos. A parella tricampiona do Mundo do arousán Ramón Ferro e do pontevedrés Óscar Graña, tras estar na quinta posición en gran parte da carreira, nos últimos kilómetros recuperaron posicións ata conseguir a medalla de bronce.

Por último, a carreira do K2, con saída ás 12:30 (hora de Oklahoma) foi unha emocionante regata na que Walter Bouzán e Álvaro Fernández Fiuza foron marcando mayormente a cabeza de grupo na primeira hora. Sería a falta de media hora de finalizar a carreira na que se formaría un grupo de cinco entre os que estiveron os xa citados Bouzán e Fiuza, os seus compañeiros Iván Alonso e Emilio Merchán, dous K2 sudafricados e un k2 húngaro. Sería na última volta na que un dos k2 sudafricanos se descolgaría da cabeza e comezaría unha loita entre os catro K2. E nun emocionante sprint final, a parella de Bouzán e Fiuza revalidarían o seu título de subcampións, ca diferencia que nesta ocasión, Alonso e Merchán serían bronce, mentres que a victoria foi para o sudafricanos Hank McGregor e Jasper Mocke, entrando estas tres embarcacións en menos de 1 segundo, marcando a parella sudafricana un tempo de 2:03:24.537.

Deste xeito, España finalizaría cun ouro, tres pratas e dous bronces, sendo o medalleiro máis grande, aínda que pola ausencia de ouros, Hungría sería a selección líder no medalleiro e Sudáfrica segunda, relegando a España ó terceiro posto.