Oklahoma 2014: Tono Campos proclámase campión do Mundo en C1, Iván Alonso revalida o subcampionato en K1

2014-icf-cam-wchA xornada do sábado 27 de outubro, celebrouse a segunda xornada do Campionato do Mundo de Maratón en Oklahoma, Estados Unidos. A xornada de hoxe sería a primeira na que participaron as categorías senior, entre elas, as das embarcacións individuais, que compartirían a xornada cas embarcacións dobres xuvenís.

Entre as tres carreiras das categorías xuvenís, destacar o papel do C2 de Álvaro Garrido e Ignacio Calvo, que serían terceiros no C2

Ás 11:45 hora local, sairía a categoría K1 Dama Senior, na que a paramesa Raquel Carbajo sería novena, nunha carreira na que a húngara Renata Csay revalidaría o seu título de campiona do mundo.

A seguinte saída, dada minutos máis tarde, sería a do C1 Senior na que o grovense Tono Campos, tras un sorprendente sprint final antes do último porteo, descolgaría ó húngaro Marton Kover e continuaría padexando solo ata o final, proclamándose campion do Mundo, título que acadara en Roma 2012. Polo seu lado, o brigantino David Mosquera sería cuarto a un minuto do podio.

Finalmente, a última regata da xornada sería a do K1 Senior, na que Iván Alonso, nunha carreira na que os catro primeiros estiveron pelexando ata o final, o tudense acadaría o segundo posto revalidando o subcampionato do Mundo que acadou o ano pasado en Copenhague, nunha carreira que de novo gañaría o sudafricano Hank McGregor. Durante casi toda a carreira estaría no grupo de cabeza Xabier Ruiz que sería quinto a 0.44’118 segundos do primeiro.

Mañá pola mañá (hora de Oklahoma), ámbolos dous Tono Campos e Iván Alonso, volverán a competir en embarcacións dobles, aspirando a estar de novo nos primeiros postos.