A Illa de Arousa acolle a 3ª Regata Provincial, liderada polo Club Náutico o Muiño

Nunha mañá calurosa e con apenas vento, ás 11 en punto se daría saída á primeira carreira da regata, que sería á da categoría feminina Benxamín, na que vencería Noelia Miguens do Club As Torres – Romería Vikinga de Catoira. Na carreira masculina desta idade, o vencedor sería David Bautista da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. Mentres tanto, a victoria da categoría feminina Alevín-B sería para a cesureña Lucia da Costa do Club Náutico Pontecesures, mentres que na categoría masculina o vencedor sería Ángel Martínez da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. Na categoría de máis idade desta regata, o alevín-A, na categoría feminina a líder sería a pontevedresa Alejandra Manso da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. E por último, na derradeira carreira da xornada, as 13 horas se disputaría a categoría Home Alevín-A, na que vencería Marcos Múñiz do Club Cofradía de Pescadores de Portonovo.
A nivel de clubes, os vencedores serían os do Club Náutico O Muiño de Ribadumia, seguidos pola Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra e o Club Breogán do Grove.