Sete Benavides proclámase subcampión de Europa
O Campionato do Europa Absoluto de Pista xa está concluído, Brandenburg pecha as súas portas para este campionato. Entre as participacións salientables, a máis importante foi a do maiorquín Sete Benavides, que acadou a medalla de prata no C1 200 m., sendo a única medaia acadada polos palistas españois.
Empezamos a repasar as participacións da selección española comezando polos 1000 metros. En primeiro lugar a do tudense Rubén Millán, que remou no K1 1000 metros, na que consegiu clasificarse á final B na que foi 6º. Na embarcación doble dos 1000 metros, o compañeiro de clube de Rubén, Victor Rodríguez, xunto co palentino Diego Cosgaya, alcanzaron chegar á primeira final, na que foron novenos. No K4, o grupo que sustituía ó de Hernanz e cia, formado por Cabañín, Walz, González e Piña, non conseguiron entrar na final. No caso das canoas, en ausencia de David Cal, foi Jose Manuel Sánchez o encargado do C1 1000 metros, quen non conseguiu clasificarse para a final. Segundo as súas declaracións en Facebook, cun vento desfavorable para os diestros e unhas grandes olas, afirmou que a súa semifinal foi a peor experiencia que pasou montado nunha canoa. No categoría do C2, a parella de Tono Campos e Diego Romero, a pesar de clasificarse xustos nas eliminatorias e na semifinal, fixeron unha gran final acadando a quinta posición e superando a varios C2s os cales os habían vencido nas fases anteriores.
De seguido, en referencia ós 500 metros, distancia únicamente olímpica para as categorías femininas. En primer lugar, no K1 masculino, o sub23 Roi Rodríguez, conseguiu a clasificación directa para a final nas eliminatorias, final na que acadou no 7º posto. Pola súa parte, na embarcación doble de medio quilómetro, o cangués Carlos Pérez e o pontés Borja Prieto non conseguiron entrar en finales. Na categoría feminina, Laura Pedruelo, clasificouse á primeira final en K1 acabando en novena posición, e na última participación española en 500, foron do C2 de Raquel Rodríguez e Jennifer Casal, que serían sextas nunha final directa.
Pola súa parte, nos 200 metros, o subcampión olímpico en Londres, Saúl Craviotto quedouse ás portas do podio, por tan sólo 0’253 segundos do ouro e menos de media décima de segundo do bronce, nunha carreira liderada polo serbio Dragosavljevic e na que o campión olímpico Ed Mckeever foi prata. No K2, os xóvenes Cristian Isaac Toro e Carlos Arévalo foron quintos na primeira final, habéndose clasificado co segundo mellor tempo nas eliminatorias, nunha victoria liderada polos locais Ronald Rauhe e Tom Liebscher. Pola súa parte, o canoísta maiorquín, Sete Benavides, gañou a medaia de prata nunha carreira liderada polo ruso Alexey Korovashkov. Nas categorías femininas, a tudense Carla Pérez non conseguiu clasificarse para as finales, cousa que tampouco conseguiron Pedruelo e Fraile. Por último, a canoísta Adriana Pinagua, sería novena en final directa.
As últimas carreiras do campionato foron as dos 5000 metros, nas que Emilio Llamedo acadaría a 11ª posición en K1 e Jose Luís Bouza a 7ª posición, sendas carreiras lideradas por alemáns: en K1 o vencedor foi Max Hoff e en C1 foi Sebastian Brendel.
Por último, señalar a participación dos 4 Paracanoe españóis: en primeiro lugar, Adrián Castaño foi sexto en A K1 200, Jonás García foi quinto en LTA K1 200, Silvia Elvira López foi cuarta na mesma categoría que Jonás no caso feminino e finalmente, María Calvo foi tamén cuarta LTA V1 200.
Este foi un Europeo no que a victoria no medalleiro foi para Hungría, seguido dos alemáns e dos bielorrusos.