Seis medaias en Szeged, os K4 masculinos fanse co ouro

En total dezaséis foron as embarcacións que conseguiron chegar á final A, e outras seis se clasificaron ás finais B ou C. Entre as participacións destes últimos: o C2 dos xuvenís Rogelio Figueiras e Francesc Martínez foron cuartos na final B dos 1000 m., o canoísta Antoni Segura foi quinto na final B dos 200 m., o K2 das xuvenís Camila Morison e Raquel da Costa gañaron a final B., a sub23 lucense Tania Fernández foi séptima na final C do K1 200 metros, Joan Ramón Ribas e Juan Oriyés foron cuartos no K2 U23 200 e por último, de novo a lucense Tania Fernández, xunto a Begoña Lazkano, gañaron a final B en K2 500.
Entre os palistas clasificados ás primeiras finales están Javier Cabañín, que quedou ás portas do podio en K1 1000 m. Sub 23, finalizando cuarto nunha carreira na que venceu o húngaro Bence Dombvári. Ás portas no podio tamén quedou o K2 Sub23 na mesma distancia: Benjamín Ramírez e Albert Martí conseguiron a mesma posición que Cabañín nunha carreira na que vencerían os tamén húngaros Bénjamin Ceiner e Tibor Húfnagel. O canoísta xuvenil de Poio Sergio Vallejo foi octavo en 1000 metros e o canoísta sub23, o pontevedrés Andrés Sieiro, foi séptimo no 200. A parella xuvenil de Cristian Silva e Pedro Vázquez foron sextos en K2 1000 e o tamén xuvenil, o kaiakista Iñigo Noval foi quinto en 200. No medio quilómetro, a xuvenil Sara Ouzalde foi quinta e nas canoístas femininas, a xuvenil canoista Adriana Paniagua foi octava en 200 e xunto con Belén Arnau sería novena nos 500 metros. A outra parella de canoístas, formado polas sub23, a rianxeira Cristina Noya e a maiorquina Araceli Figueiras foron octavas. En canto ós medallistas, houbo tres bronces: un para o K1 xuvenil Pelayo Roza en 1000 m., nunha carreira liderada polo belga Artuur Peters, outro para o zamorano sub23 Carlos Garrote en 200 m., carreira na que vencería o húngaro Miklós Dudás, e por último o da parella de Iñigo Nogal e Jose Luís Gómez no K2 Junior 200, onde venceron os húngaros. Tamén houbo unha prata, que foi a que conseguiría Sara Ouzande en 200 metros, sendo derrotada por unha décima de segundo pola danesa Emma Jørgensen. Por último, os dous ouros, ambos acadados polos K4 masculinos. No xuvenil, o boirense Cristian Silva estaría acompañado por Pelayo Roza, Pedro Vázquez e Ramón Lecumberri. E no K4 Sub23, o palista de Tomiño Ruben Millán, que sería o que ocupaba a última posición da embarcación, estivo con Javier Cabañín, Marcus Walz e Juán González.
Este Campionato do Mundo foi unha gran experiencia para a canteira da selección, habendo acadado 16 finais e 6 medallas, entre as cales dúas foron de ouro neste Mundial.