Mañá comeza o Campionato de Europa en Brandenburg

Maña, venres 11 de xullo, comezarán as primeiras carreiras do Campionato Europeo de Pista na cidade alemana de Brandeburgo.

branderburgcec14

Saúl Craviotto e Alfonso Benavides serán os líderes da selección española que está composta por 31 palistas que participarán en 23 categorías.

Saúl afrontará a distancia corta en embarcación individual (K1 200 metros), na que acadou o ouro na Copa do Mundo en Milán disputada en maio. Nas categorías do kaiak estará acompañado do tudense Rubén Millan en K1 1000, da parella de Diego Cosgaya e Victor Rodríguez no K2 1000 e da parella do lucense Cristian Isaac Toro e o coruñés Carlos Arévalo en K2 200. A outra modalidade olímpica do kaiak masculino, correspondente o K4 1000, os vencedores na Copa do Mundo de Milán: Javier Hernanz, Óscar Carrera, Rodrigo Germade e Iñigo Peña, non se desplazaron a Alemania debido á súa preparación exclusiva para os Xogos Olímpicos, sendo o Mundial de Moscú o seu único obxetivo nesta temporada; así que o grupo formado por Javier Cabañín, Marcus Walz, Juan González e Diego Piña, serán os que disputen esta carreira. Despois, relativo ás modalidades non olímpicas: Roi Rodríguez será quen padexe no K1 500 metros, habendo conseguido a medaia de ouro no recente Campionato de Europa Sub23. Na embarcación doble nesta distancia, a parella formada polo campión olímpico en Pekín, Carlos Pérez remará acompañado por outro galego, Borja Prieto. E por último, o asturiano Emilio Llamedo será quen dispute a distancia máis larga do campionato, no K1 5000 metros.

Na canoa, o tamén vencedor na Copa do Mundo de Milán, Sete Benavides padexará nos 200 metros. E na distancia larga en embarcación individual, será José Manuel Sánchez quen percorra o quiómetro en ausencia de David Cal, quen participará no Mundial de Moscú. O vilagarciano Diego Romero e o grovense Tono Campos, será quenes afronten o C2 1000, mentres que o tudense José Luís Bouza será quen compita nos 5000 metros.

No kaiak feminino, a tudense Carla Pérez será quen dispute o K1 200 m., mentres que a zamorada Laura Pedruelo será quen faga os 500 m; a zamorana competirá noutra categoría xunto ca súa compañeira Victoria Fraile no K2 200. Os cinco quilómetros na categoría feminina serán para Raquel Carbajo. Mentres tanto, na canoa feminina estarán Adriana Paniagua no C1 200 e Raquel Rodríguez e Jennifer Casal serán as representantes en C2 500.

Por último, o equipo Paracanoe español estará formado por Javier Reja en TA V1 200, Jonás García en LTA K1 200 y Adrián Castaño en A K1 200. Mentres que o equipo feminino está formado por Silvia Elvira en LTA K1 200 e María Calvo en LTA V1 200. A incorporación do Paracanoe ó programa olímpico de Río 2016 xerou un considerable incremento de participación que este ano bate o record de inscritos en piragüismo adaptado.

Mañá, as 9 en punto da mañá, comezará este Campionato de Europa cas primeiras eliminatorias de 1000 e 500 metros.