LVIII Descenso do Miño de Lugo
O sábado 7 celebrouse o LVIII Descenso do Miño en Lugo.
O descenso comezou ás 12 do mediodía e coma case todolos anos, os kayakistas senior e xuveniles farían un percorrido de 17’5 km. de descenso e o resto das categorías saírian dende máis abaixo facendo un percorrido de 8 km.
Na categoría K1 Senior, a victoría sería para o invatible en descensos Jesús Rodríguez León do Fluvial do Barco, a este lle seguirían con maís de 3 e 5 minutos de diferencia, Jose Ramón Estévez do Club Naútico de Pontecesures e Javier Illanes do Club de Piragüismo Viveiro. Nas embarcacións dobres dos kayakistas senior, a victoría sería para Miguel Fdez. Castañón e Francisco Vázquez Redondo dos Gorilas de Candas, seguidos polas embarcacións de Viveiro e O Barco, plata e bronce. respectivamente.
Nunha distancia máis curta a victoría na canoa senior sería para Yeray Picallo do Náutico Firrete, seguido de cerca polo seu compañeiro de clube, Borja Gargallo. A menos de un minuto, finalizando en terceira posición, chegaría á meta Xose Francisco Vales, do Náutico Ría de Betanzos. Como en tódolos anos, na canoa non habría embarcacións dobres. Polo lado das kaiakistas, a victoria a nivel individual sería para a palista de As Torres, Natividad Busto, e alcanzando a medaia de prata e de bronce, Laura Pérez do Náutico de Miño e María Araceli Menduiña do Club de Mar Ría de Aldán. Na embarcación dobre, a victoría sería para as irmás do Club de Mar Ría de Aldán, Jessica e Noelia Moledo Rial; mentres que a segunda e terceira posición do podio sería para a parella do Náutico o Muiño e a da Illa de Arousa.
Finalmente, a nivel de clubes, As Torres – Romaría Vikinga serían os vencedores, diante da Escuela de Piragüismo Cidade de Pontevedra e o Club de Mar Ría de Aldán.