Copa de España “Jóvenes Promesas” en Trasona

img-20140530-wa0002O sábado 31 de maio, celebrouse en Trasona (Asturias), a Copa de España das “Jóvenes Promesas”. Os máis de 100 cadetes de toda España comezaron ca competición ás 9 da mañá, ca contrareloxo do K1 Cadete – A, e sendo a última das carreiras a final do K4 cadete, ás 19:50.

Na competición, cuxas carreiras serían sobre os 1000 metros, os resultados individuais máis destacados foron ás das pontevedresas Carolina García e Isabel Noya, quenes acadaron dous ouros cada una, ámbalas dúas en embarcación individual e na doble, a primeira en kaiak e a segunda en canoa. Dous ouros tamén conseguiría o kaiakista do C.D. Piragüas Tartesson Huelva, Alberto Alonso, acadando as dúas preseas en K1 e en K2.

No medalleiro, o club vencedor sería a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, que, ós 4 ouros gañados por Carolina e Isabel, se lle sumaría outro bronce. Polo seu lado, na clasificación xeral de clubes, a victoria sería para o Club Náutico de Sevilla, con 370 puntos; con 33 puntos menos, a segunda posición sería para a Escola de Piragüismo de Pontevedra, seguidos polo Club Escuela de Piragüismo de Aranjuez.