Campionato de Europa de Marathon 2014 – Pieštany (Eslovaquía)
O Campionato de Europa de Marathon, disputouse en Piešťany (Eslovaquia), entre os días 13 ó 15 de xuño. Para este campeonato, a selección española competiría con 38 palistas, distribuídos en 30 embarcacións.
O primeiro día, o venres, celebraríanse as carreiras das categorías individuais junior e sub23. A primeira carreira da xornada sería a da categoría K1 Junior, cun percorrido de 22’5 km en 6 voltas e 5 porteos a realizar. Entre os que a selección española contaría con Jon Moreno, do S.D. Santiagotarrak e Julian Neira, do Alberche Kayak Club. Nesta carreira, con saída as 9 da maña, Jon finalizaría en quinta posición mentres que Julian acadaría a novena posición. A seguinte carreira sería para as kaiakistas e para os canoístas, estos, cunha volta menos de carreira, sendo 18700 km. Foi no kayak feminino no que España conseguiría a súa primeira medalla, que foi o bronce de Estefanía Fernández, do club emeritense Iuxtanam Monteoro; a outra participación española sería para Sandra Berros, do Club de Piraguas de Villaviciosa, que acadou a sexta posición. Polo seu lado, os canoístas junior, Angel Esteban do Club Piragüismo Aranjuez e Damián Gonzalez do Piragüismo Verducido, finalizaron en posicións consecutivas, séptimo e octavo respactivamente.
Ata o final da maña se celebrarían as carreiras das categorías sub23. En primeiro lugar sería o turno da categoría feminina e dos canoístas, que farían o mesmo percorrido que os kaiakistas junior. En K1 feminino, as palistas da selección serían a irundarra Olatz Zavala, que finalizou en séptima posición e Carolina Massagues, do Alberche, en novena posición. Sería no K1 sub23 onde España acadaría duás medaias, nesta carreira, cun percorrido 26,2 km, o zamorano Alejandro Sánchez se convertiría en subcampeón de Europa e o seu compañeiro leonés Guillermo Fidalgo, acadaría a medaia de bronce.
O sábado 14 sería o turno das embarcacións dobles junior e das individuais senior. A primeira competición sería o K2 Junior, carreira na que os euskeras do Itxas Gain K.E. Barruetabeña e Gerreka acadarían a medaia de bronce; nesta carreira os seus compañeiros de selección, Jonathan García e Diego Martínez acadarían a décima posición. As regatas con saída poucos minutos máis tarde serían as do K2 Junior Feminino, onde a madrileña Irene Martin xunto a conquense Isabel López se proclamarían subcampionas de Europa; na mesma carreira participaron Irati Osa e Ainhoa Hidalgo, que se quedaron as portas do podio, finalizando en cuarta posición. A outra competición sería a do C2 Junior, no que as parellas de Manzanares y Martínez, xunto ca de Castiñeiras y Domínguez, finalizarían nas dúas últimas posicións.
Ás 11:46 se daría a saída da primeira carreira senior, o K1 Feminino, na que a vallisoletana Nuria Villace acadaría a octava posición, e a súa compañeira de selección, Raquel Carbajo, que competiría o día seguinte, non acabaría a carreira. A esta carreira lle seguiu o C1, na que o canoísta do Ría de Betanzos, David Mosquera gañou a medalla de bronce; un posto por debaixo estaría o tudense Manuel Garrido, en cuarta posición, esta regata estaría liderada polo portugués Nuno Barros e o húngaro Márton Kóvér, ouro e prata respectivamente. A última carreira do sábado sería a do K1 Senior, na que o vixente subcampión do Mundo en K1, o tudense Iván Alonso, non revalidou o seu título de campión de Europa, con motivo dunha penalización de 5 segundos feita tras unha reclamación da federación portuguesa; a pesar de que Iván fose o primeiro en entrar na meta, o título sería para o portugués José Ramalho.
O domingo sería o punto final do campionato, cas tres carreiras das embarcacións dobles. As primeiras en saír sería as K2 Senior, cun percorrido de 26200 km. Nesta carreira, as españolas Raquel Carbajo e Aurora Figueiras estarían disputándose o terceiro posto xunto ca parella británica e a sueca durante máis da metade do circuito, pero foi no antepenúltimo porteo no que a parello española se descolgou das outras dúas. A victoria desta carreira se disolvería nun duelo entre a parella húngara e italiana, na que a primeira praza se decantaría polas primeiras. A outra participación española sería a da parella de Lucía Arquera e Carolina Massagues, que finalizarían detrás da outra parella española, en sexta posición.
Na categoría C2 Senior participarían os tricampións do Mundo, o arousano Ramón Ferro e Óscar Graña, e en ausencia da parella de Tono Campos e Jose Manuel Sánchez (actuais vencedores no Campionato de España) pola preparación do Europeo de Pista, a outra parella sería a do grovense Jacobo Domínguez e o mallorquin Alan Avila. Ferro e Graña estarían durante o comezo da carreira ca parella ucraniana, pero antes da metade da carreira, se alonxarían deste C2 e se manterían primeiros en toda a carreira, converténdose así en campións de Europa. A outra parella española finalizaría en quinta posición.
A última de tódalas carreiras do campionato sería o K2 Senior, na que España conta cos campións e subcampións do Mundo do 2013. Desde o comienzo da carreira, cinco foron os K2 que se porían en cabeza, ca parella británica marcando, seguida polas dúas parellas españolas, o K2 húngaro e o portugués. Antes da metade da carreira, catro se quedarían en cabeza: os españois, os británicos e os húngaros. No sprint final estarían as dúas parellas españolas e a parellabritánica e neste apretado sprint, serían Emilio Merchán e Iván Alonso os vencedores, seguidos por Álvaro Fdez. Fiuza e Walter Bouzán, e en terceira posición, os británicos Andrew Daniels e Timothy Temple.
No medalleiro das categorías senior, o liderazgo sería de España, en segunda posición estaría Hungría e o terceiro posto sería para Portugal. No medalleiro global Hungría foi superior a España, e Portugal seguiría mantendo o terceiro posto.
